6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Baos,unha aldea asolagada pola Fervenza

Natalia Lema Otero é unha moza de Baíñas-Vimianzo, estudante no centro de FP de A Gándara de Vimianzo, que acaba de publicar o seu primeiro libro «Baos», que será presentado en Mazaricos o día 18 de decembro. É unha historia que mestura ficción e realidade baseada na vida cotián na parroquia de Os Baos, asolagada fai 50 anos polo encoro da Fervenza, unhas aldeas que de cando en vez volven a amosar as súas casas e incluso os restos da igrexa como pasou en 2007. 

Foron varios os pobos de Baíñas, Brandoñas e Mazaricos que a presa asolagou. Os avós maternos da escritora vivían nos Baos. Natalia Lema conta que se trata «do meu primeiro libro en solitario que acaba de publicar a editorial Phamtom. O libro relata a historia de tantos e tantos veciños que tiveron que abandonar a súa vila, Os Baos (Mazaricos), por causa do Encoro da Fervenza». 

«É un libro onde relato a esencia dos Baos, xustamente cando neste ano se cumpren 50 do suceso. Amores, tristezas, desalentos e esperanza, relatados por Lela e Emiliano, protagonistas da historia.Este libro é un tributo aos meus veciños, aos meus avós e ás historias nunca contadas dos Baos que quedaran relegadas ao esquecemento» relata a autora.

«Decidinme a escribir a historia porque creo que lle había que dar visibilidade ao aniversario da desaparición dos Baos, unha vila da Costa da Morte cunha riqueza patrimonial inmensa. Ademais quería dunha forma anónima, sin nomear a ninguén, recolectar a esencia e os testimonios da transmisión oral que van pasando de xeración en xeración» conta a escritora. 

Por iso a autora insiste en que «o obxectivo do libro é renderlle tributo a tódolos habitantes dos Baos ,loitadores e emigrantes na súa maioría». «No libro o lector poderá encontrar artigos documentais, unha introducción que servirá para situar a lectura e unha historia protagonizada por Lela e Emiliano, con feitos verídicos e imaxinados» avanza a xove escritora.

Natalia Lema logrou publicar este ano varios relatos en dous libros colectivos de tirada nacional sobre temática de terror e ciencia ficción. Acaba de quedar finalista nun certame internacional hispanoamericano de relatos e tamén fixo varios traballos como ilustradora para importantes eventos. De feito é neta do recordado e premiado pintor naif de Borneiro, Manuel Lema Otero.

Nun dos extractos podemos leer un anaco de tempo detido nun lugar que xa non existe: «Os días pasaban devagar e as tardes alongábanse por horas e horas de conversas e garatusas. Cosían normalmente xunta a lareira das casas, preto da ventá para poder ollar o que pasaba na vila. Naqueles invernos vían todo o que acontecía. O que máis lle chamaban á atención eran os que chegaban para facer comercio. Viñan paraugueiros, afiadores, cesteiros e carteiras entre outros».

Podes conseguir o libro nesta ligazón

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos