7.5 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

A que Feijóo non pode dicir o mesmo do seu partido?

Xoán Bascuas resposta a Feijóo:“Somos un partido galego, unido e estamos limpos e libres de corrupción. A que Feijóo non pode dicir o mesmo do seu?”

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia, Xoán Bascuas, rexeitou as recentes declaracións do candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, nas que o dirixente político conservador defendía a opción dos populares fronte a división existente nos seus rivais.

“Feijóo dí que o seu partido é o único unido e o único unido a Galicia. A parte de que evidentemente é falso, o que non pode engadir a esa afirmación é que é tamén un partido limpo e libre de corrupción. Pois ben, Compromiso si pode certificar que somos un partido unido, que nós sí que estamos unidos a Galicia e que somos un partido limpo e libre de corrupción” manifestou Bascuas no transcurso dunha visita a cidade de Lugo.

O candidato galeguista pensa que Feijóo pretende que non se fale de Compromiso por Galicia porque representa a alternativa real ao Partido Popular, aínda que asegurou que a mensaxe de Compromiso estaba acadando boa receptividade en Galicia:Está claro que o rival incómodo do PP é Compromiso por Galicia. Claro que hai unha alternativa socialdemócrata, progresista e galeguista. Feijóo sábeo e por iso non lle interesa que se escoite unha mensaxe que está sendo moi ben acollida nas rúas e que se traducirá en votos o 25S”.

Bascuas estivo acompañado nun reparto de publicidade na cidade da muralla polo candidato pola provincia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, a número dous Melina Paz e polo secretario nacional de organización, Manoel Vello Salvado.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos