13.1 C
Santa Comba
sábado, mayo 4, 2024

Paula Prado:»Vexo máis receptividade cara o PP»

Paula Prado en Adiante Galicia:”As políticas do Partido Popular sacaron a España da crise e xeraron emprego”.

Escoita a entrevista completa

Xosé Manuel Lema @xmlema

A candidata ó Senado pola provincia coruñesa confía en que se poidan mellorar os resultados en Galicia o vindeiro 26 de xuño, xa que “a xente tomou conciencia do que supón o voto e hai máis receptividade cara o PP, e iso espero que se traduza en votos”.

“ A nós tamén nos doe a corrupción pero esa xente está fóra”

Paula Prado agarda recuperar sufraxios de persoas que votaron con anterioridade polos populares “e agora estaban enfadados e algún con razón» polos casos de corrupción pero explicou que “a nos tamén nos doe a corrupción e esa xente está fóra”.

Prado del Río entende que nestas eleccións está a alternativa do PP “cun goberno serio e con experiencia que está poñemdo en marcha medidas de crecemento” ou a opción “da esquerda radical con políticas de retroceso e destrucción de emprego”.

Resolver problemas e deixar os personalismos

Nas “Conversas na Encrucillada”, Paula Prado pediu deixar o “xogo de personalismos” de políticos como Albert Rivera e falar “das políticas para resolver problemas” que non son precisamente nin as “dun PSOE que está en periodo de descomposición” nin as “vellas políticas comunistas”.

”As políticas do Partido Popular sacaron a España da crise e xeraron emprego” dixo Prado que denuncia o intento de Podemos de “romper a unidade de España”.Asimesmo defendeu a existencia da Cámara Alta, se ben é partidaria de que “sexa unha verdadeira cámara de representación territorial”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos