8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Convocatoria de emprego no concello de Santa Comba

O concello de Santa Comba aprobou a convocatoria e as bases dun proceso selectivo para a contratación de persoal.


A convocatoria inclúe a oferta de oito postos de peóns, dentro do programa PEL da Deputación, que traballarán durante un período de catro meses na prestación de servizos municipais básicos.


Outra oferta refírese a unha praza de limpador/a, para realizar unha substitución.
Ademais tamén contratarase a un técnico-axente de igualdade por un período de seis meses,así como persoal docente para un curso de organización e xestión de almacéns e outro curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

Prazo ata o 10 de maio

As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de editos da Casa Consistorial e na páxina web municipal. Así mesmo poden recollerse no departamento de recursos humanos e no rexistro municipal.


O prazo de presentación de instancias e documentación é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, que foi este venres 3 de maio. Polo tanto poderán presentar as solicitudes ata o 10 de maio.


No caso do persoal docente para impartir os cursos “que se cruzarán as ofertas de emprego no servizo público de emprego e será este o que remita os candidatos/as”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos