7.5 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Antón Sánchez:»Se o PSOE cambia poderemos falar»

O vicevoceiro de AGE, Antón Sánchez, dí que o PSOE ten que recoñecer “a plurinacionalidade do estado español” e apostar por un “cambio de rumbo” para facilitar un entendemento con En Marea.

O PSOE debe recoñecer a plurinacionalidade do estado español

O deputado Antón Sánchez sustitúe a Yolanda Díaz como vicevoceiro de AGE. Nunha entrevista no programa “Área Pública” que presenta Susana López Carbia na Televisión de Galicia, falou dun posible entendemento con En Marea para apoiar a investidura de Pedro Sánchez, pero matizou que depende do posicionamento dos socialistas:”Se eles cambian poderemos falar” dixo Sánchez, que pediu que se recoñeza “a plurinacionalidade do estado español” algo que segundo o deputado “de momento non fixeron” os socialistas.

Antón Sánchez:”A confluencia é necesaria”

Con estes xestos e cun “cambio de rumbo” do PSOE, Antón Sánchez dou por feito que “falaremos para artellar un modelo diferente e para cambiar as políticas no eido social” pero advertiu que “se o PSOE non cambia nós non estaremos”. A voceira de En Marea, Alexandra Fernández expresaba este mércores a vontade de buscar un acordo co Partido Socialista.

Sobre as declaracións na Radio Galega da deputada de Cerna, Consuelo Martínez a prol dunha lista unitaria, Antón Sánchez García pediu que “ademáis de dici-lo hai que ser coherentes entre o que se dí e o que se fai”.Para o vicevoceiro da Alternativa Galega de Esquerda e membro de Anova “a confluencia e necesaria” e está por riba de cuestión partidistas.

En Adiante Galicia defendemos un xornalismo plural.Colabora connosco. Únete aó Club Adiante.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos