9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Xoán Bascuas:»Pode haber un novo goberno de Rajoy»

O líder galeguista vislumbra un entendemento entre PP, Ciudadanos e PSOE, e critica que non se pode falar de renovación con Patxi López ou Celia Villalobos na Mesa do Congreso.

 

“O Pacto da esquerda” está lonxe

A Constitución da Mesa do Congreso “pode abrir a porta a un novo goberno de Rajoy” asegura o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas que percibe que este entendemento entre “PP, Ciudadanos e PSOE pode ser un aviso do que vai acontecer” e que pode alonxar “o pacto da esquerda”.

“Aínda que o PSOE negue ter falado co PP, o acordo pode significar sorpresas na investidura do Presidente do goberno e deixa a porta practicamente pechada a un pacto do PSOE e as candidaturas integradas por Podemos” asegura Bascuas.

Patxi López encarna a vella política e non xenera confianza

O líder galeguista non percibe unha “renovación” na nova Mesa do Congreso coa presencia das populares Celia Villalobos, Alicia Sánchez Camacho ou o presidente Patxi López. 

Para o voceiro de Compromiso por Galicia “Patxi López encarna a vella política pero ademáis ten un defecto, que non xenera confianza para ninguén” xa que “cando foi Lehendakari o fixo incumplindo promesas electorais e pactando co PP, o cal nos leva a temer porque se volva repetir un pacto semellante no Estado español”. 

O Secretario xeral da formación tamén fixo referencia a que o esforzo das forzas políticas estatais por deixar fóra da Mesa do Congreso aos partidos de ámbito autonómico, “é toda unha declaración de intencións do papel que se reserva aos nacionalismos na lexislatura que se inicia”. 

Xoán Bascuas lembra que Compromiso defende un estado confederal con máis autogoberno e capacidade política para Galicia.“A falta de diálogo impide que esta e outras reformas se contemplen nun escenario a medio prazo e incluso o inmovilismo dalgúns, pode semellar un obstáculo que dificulte a Galicia ter auténtica voz propia nas Cortes xerais” engade.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos