13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Compromiso ofrécese a entrar no goberno da Baña cunha alternancia na alcaldía

César Ramos propón un pacto similar ao de Santa Comba

Reproducimos o comunicado completo de Compromiso

A formación galeguista ofreceulle ao PSOE a posibilidade de desbloquear a situación de inestabilidade na que se atopa o Concello da Baña, alternando a alcaldía cada dous anos.

O secretario local de Compromiso por Galicia A Baña, César Ramos, manifestou na xornada de hoxe que dende a formación que dirixe, estarían dispostos a formar “un pacto de coalición bianual” co PSOE da Baña coa intención de poñer en marcha o consistorio bañense. 

Tras a xuntanza mantida cos representantes da agrupación socialista da Baña, na que CxG lle ofreceu a posibilidade de gobernar dous anos cada un dos candidatos, Ramos incidiu na necesidade de chegar a un acordo para acadar o benestar dos veciños e veciñas. Porén, e do mesmo xeito que acontece noutros concellos galegos, como é o caso do veciño municipio de Santa Comba, CxG apuntou que “o máis lóxico e a mellor opción para A Baña”sería consolidar un proxecto progresista conxunto. 

“Debemos esquecer as diferenzas da anterior lexislatura e pensar exclusivamente no futuro do noso municipio”, sinalou o secretario local e concelleiro de CxG A Baña. A formación galeguista puxo o foco en que a decisión adoptada no acto de investidura do pasado 15 de xuño, respondeu unicamente “ao cumprimento da palabra dada á nosa veciñanza” pois comprometéranse a posibilitar o “ansiado cambio político” que precisaba o Concello. 

Finalmente, a formación verde destacou que se grupo socialista non acepta a proposta de CxG, continuarán, como até de agora, co seu traballo de fiscalización municipal desde a oposición.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos