12 C
Santa Comba
domingo, mayo 5, 2024

As etiquetas en política

Como que non existe a loita de clases? Existe e están a gañala os meus, os ricos.

(Frase de Warren Buffet, un señor con moito diñeiro).

A pesar do título, estas palabras non veñen falar de estilos de vestir en actos políticos, nin de roupas de gala parlamentaria, nin de cousas polo estilo. Modestamente pretendo criticar a actualización daquel discurso dos 60 de Daniel Bell sobre o fin das ideoloxías (ou quen prefira unha versión máis hispana, O crepúsculo das ideoloxías, de Fernández de la Mora).

Houbo un tempo recente en que algúns representantes políticos falaban da necesidade de superar as fronteiras da esquerda e da dereita. Velaí estaban Pablo Iglesias, que viña do comunismo de manual, e o Albert Rivera, liberal de novo cuño, dicindo que eles non eran nin de esquerdas nin de dereitas. Pero, ao final, cada un foi para o seu rego. Cara á esquerda máis pura e cara á máis pura dereita.

Houbo un tempo, sobre todo a partir o éxito electorais de Ronald Reagan e Margaret Thatcher, no que os partidos socialistas occidentais situáronse máis á dereita e abrían a porta a ese discurso da ideoloxía ecléctica. Agora o abolicionismo das categorías políticas chega coa aparición de movementos de extrema dereita e de populismo xenófobo. E mesmo a vitoria de Macron en Francia tamén ten alimentado a idea de que as categorías ideolóxicas están trasnoitadas. Non digo eu que non haxa que mover os marcos conceptuais, pero movelos implica que sigan existindo. Ao mellor cunha reconceptualización, cunha nova delimitación, pero seguirían existindo. Porque fan falla.

Necesitamos etiquetas. Alomenos como suxeitos sociais. É o xeito máis doado de simplificar unha multitude de conceptos, a forma máis sinxela de comprender moito en moi pouco tempo. E máis non tempos da simplificación, da linguaxe da imaxe, do video clip intelectual. E moito máis nun país onde palabras como riquiño, aquelar, carallo significan tantas cousas.

E necesitámolas por coñecemento práctico. Se alguén nos di que é membro da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, seguramente que non saberemos que se trate dun mormón, pero nos sería máis útil para a nosa forma de entender o mundo que alguén nos explique que é un protestante. Probablemente tampouco saibamos o que é un marxista leninista pensamento zuche, pero se alguén máis versado nos dá conta de que se trata dun comunista coreano, acabemos antes.

Velaí que para min é necesario saber que existe unha esquerda e unha dereita para orientarse no espectro político. Que un socialdemócrata clásico, un socialista do meu tempo, é unha indubidablemente unha persoa de esquerdas. Aínda que poda ser orgullosamente esquerdallo para alguén de dereitas, pero un moderado vendido ao capital para un comunista. Desa que non pretende acabar cos ricos, senón acabar coa pobreza. Da de Olof Palme. Desa esquerda. En definitiva, de esquerdas. A que agora xa entendeu todo o mundo?

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos