7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Víctor Somoza:“O balance é nefasto, tanto pola xestión do señor Vigo como da oposición”

Entrevista con Víctor Somoza, de Unión Cidadá Galega. Balance sobre a actualidade política do concello de Cee.

P-Tes pensado presentarte de novo ás eleccións municipais de Cee?

R-Respecto a se nos imos ou non presentar iso decidirase nunha reunión que imos manter en setembro ou outubro,ben é certo que a xente nos anima e que ten gañas de que nos presentemos e iso terémolo en conta, aínda cas circunstancias persoas terémola que valorar para saber se nos imos ou non presentar; o que podo garantir é que dende Unión Cidadá Galega temos un compromiso coa xente que nos votou nas elección do 2015 e ata as vindeiras eleccións do 2019 seguiremos a traballar polos Ceenses e por ende os intereses da Costa da Morte; se  decidísemos presentarnos o que está claro é que nos presentaríamos no esencial co mesmo programa  polo que xa estasmos a traballar a día de hoxe sen estar nas institucións e que se estivésemos nelas e gobernando moitas delas xa estarían feitas ou alomenos encamiñadas, e dicir traballar para sacar a concurso as bateas, traer para a Costa da Morte un Xeríatrico e centros de día e noite suficientes, loitar por un plan de industrialización da comarca, mellorar os servizos sociais, a finalización da vía de alta capacidade…

 
P-Que balance fas deste tres anos de mandato de Ramón Vigo?

R-O balance é nefasto, tanto pola xestión do Señor Vigo como da oposición.Teño que lembrar que nós propuxemos en reiteradas ocasións a todas as forzas políticas traballar a prol da industrialización do Concello de Cee  e a Costa da Morte, conseguir que se sacasen a concurso as bateas para xera traballo, traer un xeríatrico, de feito iso levámolo dende Unión Cidadá Galega ó Congreso dos Deputados pola falta de compromiso do resto de forzas e  tendo en conta que algunha delas tamén o levaba no seu programa igual co centro de día e noite sen que estas fixeran nada ó respecto, iso sí ,agora  en breves, volverán falar diso pola proximidade das eleccións, pero nestes tres anos que dende Unión Cidadá Galega levamos a traballar, nin nos apoiaron nin fixeron nada por intentar logralo.

IxCee,PP de Cee, PSOE de Cee, BNG de Cee e C´s de Cee non fixero  nada , habendo ferramentas xurídicas para que a piscina estivera en funcionamento dende a rescisión da concesión  e agora  nuns meses porase de novo en funcionamento como aventurei xa o ano pasado a pesar de que nunca tivo que ter pechado pois insisto había ferramentas xurídicas de sobra para que non pechase

Cando sufrimos un problema  tan grave para  a supervivencia da economía de toda a Costa da Morte como foi o  conflito de Ferroatántica démoslles instrución, no só o Concello de Cee, das medidas legais a tomar para que o Concello non fose só un mero espectador, pois ten capacidade xurídica e  medios de actuación que ningún dos alcaldes , en todos este anos empregou , non sei se por descoñecemento ou por desidia, pero que fixeron que os dirixentes de Ferroatántica e da Xunta non teñan en  conta os intereses dos Ceenses e do resto de cidadáns da Costa da Morte, a proba está onde a Xunta paralizou as obras da Vía de Alta Capacidade, e cando dende Unión Cidadá Galega presentamos os escritos expoñendo  xuridicamente porque esas pretensións non eran lexítimas, e ameazando con levalos os xulgados e denuncialos a Unión Europea  por vulneración da lexislación europea, foi cando a Xunta reaccionou, cousa que non fixo ninguén antes de que o fixeramos nós mediante rexistro tal e como tedes neste medio de comunicación, e que foi o que detivo todo.

P-Nesta lexislatura en Cee houbo movementos na corporación, agora hai tres concelleiros non adscritos, o candidato de Converxencia anunciou o seu paso a Ciudadanos, posiblemente volva un exalcalde a liderar o PP, etc… pensas que Unión Cidadá ten posibilidades de obter representación?

 R-Esta pregunta está supeditada á primeira , en función do que se decida na reunión de setembro outubro  presentarémonos ou non en Cée, e se decidimos presentarnos quen ten que decidir se merecemos ou non representación son  todos  e todas os/as cidadáns de de Cée que teñen que valorar o traballo que fixemos nestes anos para lograr o que levábamos no noso programa e que de estar nas institucións teríamos case seguro feito pois é factible.

P-Por último, valorades a posibilidade de presentarvos nalgún outro concello?

R-Se hai xente doutros Concellos que se queren presentar coas siglas de Unión Cidadá Galega, e tan doado coma que se poñan en contacto con nós no teléfono 660561770 ou no enderezo electrónico unioncidadagalega@hotmail.com  e se perseguen os obxectivos do noso  partido nós dende logo non teríamos problemas en que se presenten.Moitas grazas pola entrevista e un saúdo 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos