9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Dúas persoas foron evacuadas con síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono en Fisterra

Info-AXEGA 112

Os servizos sanitarios tiveron que evacuar a dúas persoas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono ao Hospital Virxe da Xunqueira na pasada noite en Fisterra (A Coruña).

Ocorreu nunha vivenda na Avenida da Coruña, onde os bombeiros puideron comprobar como a mala combustión dun aparato produtor de calor provocou a acumulación suficiente de monóxido a punto de provocar síntomas de intoxicación en dous dos moradores que se atopaban no inmoble.

Ao fío das 22:45 horas, o 112 Galicia recibiu a alerta a través da chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda para dous membros da familia que experimentaban unha sensación de malestar xeral. Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras establecer comunicación co alertante, notificaron a necesidade de intervención por parte dos bombeiros ante a sospeita de intoxicación por monóxido de carbono.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil de Fisterra e á empresa subministradora de combustible da zona.

Unha vez no lugar e tras realizar as medicións pertinentes, os equipos de emerxencia confirmaron a acumulación nociva de gas no domicilio e procederon a pechar o subministro e a realizar a ventilación do espazo afectado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos