6.4 C
Santa Comba
martes, noviembre 29, 2022

Trasladan a unha persoa por inhalación de fume tras producirse un incendio na súa vivenda na Laracha

– AXEGA 112-

O propietario da vivenda foi evacuado en ambulancia polos servizos sanitarios, que o trasladaron ao Centro de Saúde da localidade, tras inhalar fume mentres trataba de extinguir o lume.Ademais, segundo indicaron os Bombeiros, outra persoa, que identificaron como o fillo do propietario, tamén resultou afectada polo fume e, aínda que non precisou ser trasladada, si acudiría polos seus propios medios ata o centro sanitario.

No incendio cuxa orixe tivo lugar na cociña da vivenda, situada na Rúa Urbano Lugris, no concello coruñés da Laracha, arderon a campá extractora e os mobles superiores.Ata o lugar, desprazáronse decontado os Bombeiros de Bergantiños, que nada máis chegar, confirmaron ao 112 Galicia que o lume xa fora extinguido polo mesmo dono da casa, polo que, procederon a ventilar. Toda a vivenda resultara moi afectada polo fume e monóxido provocados polas chamas.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, ao fío das 13:00 horas deste mediodía.A esa hora, un particular indicaba aos xestores de emerxencias que lle ardía a cociña e que tragara fume.Foi nese intre, cando o 112 Galicia avisou de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos