Un condutor foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago debido ás lesións provocadas por un choque contra un xabaril en Brión.Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse ás 21:30 horas da noite de onte na AC-543, nos Ánxeles, cando o animal interceptou na vía e produciuse o impacto.
Como consecuencia do golpe, o condutor do vehículo sufriu algunhas lesións nunha perna e nas cervicais, que implicaron o seu traslado ao centro hospitalario de referencia para recibir os coidados necesarios. Para iso, foi necesaria a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos membros do GES de Brión, que acudiron tras a alerta do persoal do 112 Galicia.Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico para coñecer todos os detalles do accidente.
Info AXEGA 112