Este martes tivo lugar unha saída de vía no cruce da mina, na parroquia xalleira de San Salvador de Padreiro, en Santa Comba.Unha furgoneta que procedía de Grixoa acabou fóra da estrada. Tivo que contar coa axuda dun guindastre.
Usuarios da vía quéixanse do mal estado da estrada, e da falta de pintado e sinalización. A pendente existente e a falta de visibilidade provocan, ao parecer, frecuentes accidentes neste punto.