9.5 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

A Laracha de Tapas 2018

A Laracha de tapas volve nesta fin de semana -do venres 9 ao domingo 11 de marzo- coa terceira edición do certame que o Concello da Laracha organiza co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio.Nesta ocasión participan once establecementos que ofrecerán ao público as creacións ao prezo de 1 euro o venres (de 20:00 a 24:00 h), sábado (de 11:30 a 15:00 e de 19:00 a 24:00 h) e domingo (de 11:30 a 15:00 h).A relación de locais que forman parte da segunda edición de A Laracha de tapas e súa elaboración orixinal son:

Hotel-Restaurante ABC: Xamón afumado con patacas gratinadas.

Amalou: Bisté en tarteira con patacas e olivas.

D’Antón Lounge Bar: Sabor de sempre.

Café-Bar Esmorís: Costela asada con puré de pataca e grelo.

Café-Bar Guadalupe: Bocadito Guadalupe.

Manhattan Skyline: Bolitas de atún con queixo e grelos.

Café-Bar Mariño: Mexigreta Mariño.

O Noso Café: Fabas con marisco.

Café-Bar Os Catro Camiños: Costela de porco en salsa.

Bar Sandra: Mariscada de ameixas á galega.

Bar Sara: Tosta de york, lagostino e ovo duro.

A Laracha de tapas conta con dúas categorías de galardóns. A do xurado profesional está dotada cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). Os seus membros serán os bloggers gastronómicos, José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Alberto López Traba (http://elzampondecompostela.blogspot.com.es/) e Lucía Deza (https://lasrecetasdelualba.es/). Acudirán identificados a cada local para degustar as tapas, valorar e seleccionar as mellores creacións.

O premio do xurado popular á mellor tapa está dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes. Cada establecemento terá a disposición do público urnas pechadas e as papeletas para emitir as votacións, que deberán estar debidamente cubertas e contar co selo de tres locais, xa que para votar é imprescindible ter degustado tres tapas diferentes. Todos os consumidores que realicen o seu voto entrarán no sorteo de regalos cedidos polos establecementos hostaleiros participantes, Adegas Carballo e o local de produtos de limpeza Prolimbe.

Para facilitar o desenvolvemento das tres xornadas do evento A Laracha de tapas e a información que se ofrecerá ao público, o Concello distribuirá un mapa de localización de todos os establecementos participantes, indicando as tapas que se ofrecen en cada un deles e o seu emprazamento. Ademais, haberá un tren turístico que fará un percorrido continuado entre os once locais que forman parte do evento.

Nota de prensa do Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos