5.9 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

A alcaldesa de Triacastela xestiona melloras

A alcaldesa de Triacastela, a popular Olga Iglesias Fontal, mantivo un encontro coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, para tentar buscar solución as necesidades do seu concello en materia de saneamento e abastecemento. Desde a Xunta comprométense a estudiar as peticións formuladas por Iglesias, que lembrou as necesidades específicas deste municipio pola afluencia de peregrinos.

Por outra banda, tamén se abordaron liñas de colaboración en materia de urbanismo, como a actuación para acondicionar o camiño de Suavila. Actualmente, o Goberno galego xa conta con proposta de adxudicación, que se podería asinar e formalizar a finais desta semana.A actuación, inscrita no Plan Hurbe, persegue realizar un paseo semiurbano, acabado en formigón rugoso coa mesma cor e tipoloxía doutros paseos da zona.

Contará cun pequeno muro de contención, a base de cachotes de pedras, que salvagardará o desnivel que existe entre o paseo e un pequeno regato que transcorre ao marxe dereito. O ancho medio será de 4 metros, que irán pavimentados, máis un metro no que se realizará unha pequena franxa axardinada. Ademais, disporá de iluminación mediante balizas verticais e de bancos de pedra e papeleiras nos puntos de intersección con outras rúas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos