10.7 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

Retoman as mobilizacións en Ferroatlántica

O Comité de empresa de Ferroatlántica continúa este xoves 8 de decembro cos actos de protestas para esixirlle a empresa que desista nas súas intención de vender as centrais hidroeléctricas «unha vez que a Xunta adquiriu o compromiso de desautorizar a operación no caso de que se solicite a venda por parte da compañía».

A partir das dez da mañá haberá unha marcha a pé de traballadores que sairá desde a factoría de Brens(Cee) ata a central do Ézaro(Dumbría). As 13.00 haberá unha concentración. Despregarase unha faixa na Fervenza do Xallas co lema «O río é noso non de Villar Mir».

Os representantes dos traballadores tamén informan que haberá concentracións diante da fábrica de Brens, os venres 16,23 e 30 de decembro, ás 18:30h. O Comité non descarta a convocatoria dunha folga «no caso de que a empresa presente o preacordo de venda das centrais na Xunta de Galicia».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos