5.9 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

Esnáfrase contra un poste en Outes

Unha moza resultou ferida esta tarde en Outes ao sufrir unha saída de vía. O seu vehículo caeu por un desnivel e acabou esnafrándose contra un poste. O accidente rexistrouse na estrada que une a localidade con Pino do Val ao seu paso polo lugar de Rodeiro, na parroquia de Matasueiro.

A vítima tivo que ser liberada polos efectivos mobilizados, axudados dun equipo de excarceración. Ata o lugar tamén se mobilizou o helicóptero con base en Santiago, que tivo que cancelar o seu servizo por mor das malas condicións meteorolóxicas.

Unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 16:40 horas desta tarde. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Muros. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Caída de tractor

Tamén en Outes, un home resultou ferido esta tarde ao caer do tractor co que circulaba por unha pista forestal. O contratempo tivo lugar en Cuns, na parroquia de Cando.

O 112 Galicia recibía o aviso de Urxencias Médicas minutos despois das 18:00 horas desta tarde. Os efectivos do CAE 112 alertaron aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Muros. Tamén se informou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. A esta hora, os efectivos mobilizados continúan no punto.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos