13.3 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

Ovidio Rodeiro a man dereita de Feijoo na Coruña

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, é o novo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia coruñesa.

A pesar de ser novo, non chega aos 45 anos,Ovidio Rodeiro reúne varias cualidades que puideron provocar o seu nomeamento. Coñecedor da política municipal, pero tamén da maquinaria administrativa autonómica é ademais un activo dirixente do Partido Popular.No último congreso do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo nomeou a Rodeiro, coordinador de Novas Tecnoloxías do partido, un campo que foi gañando moito peso no último ano na estrutura da formación conservadora.

Rodeiro regresa á Xunta de Galicia, nesta ocasión como delegado territorial, despois de exercer durante anos como Director Xeral de Xuventude.

Desde 2015 era o alcalde do concello de Boqueixón onde gobernaba con maioría absoluta. Pero a súa experiencia na política local non se limita a isto, xa que foi con anterioridade primeiro tenente de alcalde nos gobernos de Adolfo Gacio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos