12.4 C
Santa Comba
viernes, mayo 3, 2024

Posible intoxicación de gas en Muxía

Unha persoa foi trasladada esta madrugada polos servizos sanitarios ao resultar afectada por unha posible intoxicación de gas no seu domicilio. Ás 4:45 horas desta madrugada Urxencias Médicas informaba ao CAE 112 Galicia do suceso, indicaban que se trataba dunha casa unitaria situada no lugar de Lourido, en Muxía. Así, decontado, pasouse aviso aos Bombeiros de Cee que, unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, retiraron unha bombona do interior do inmoble e ventilaron a vivenda.

O persoal do 112 Galicia tamén informou á Garda Civil e a empresa subministradora do gas.

Fonte-Axega112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos