A ritmo da Creedence Clearwater Revival saíu Alberto Romar ao balcón da casa do concello de Santa Comba, acompañado dos seus concelleiros, e co bastón de mando que lle concedía o pobo xalleiro nas eleccións do 28 de maio. Gran ambiente na praza coa xente aplaudindo, despois do pleno de investidura.
Investidura de Alberto Romar
Recibírao de mans da persoa que o ostentou na última parte do último mandato, a popular María Pose. E á que derrotou nas urnas.
Hoxe seguiuse un guion xa previsto. A maioría absoluta dos socialistas así o indicaba. Formouse a mesa de idade formada polos edís de maior e menos idade, María Pose e Andy García Pereira, os dous do PP. Tomaron posesión os trece concelleiros e elixiuse alcalde. Romar obtivo sete votos e Pose seis.
Nun xesto simbólico, o novo alcalde, entregou o bastón de mando ao seu avó, coñecido popularmente coma “O Raposo”.
«A nova política municipal non debe entender de siglas»
No seu discurso sinalou que “a nova política municipal non debe de entender de siglas, senón de persoas”.
Pero recalcou que a candidatura dos socialistas recibiu un apoio moi importante “para modificar certas costumes no noso municipio”. A xente pediu cambio e garantízovos que ides a ter cambio”.
Alberto Romar afirmou non creer “en fórmulas máxias para alcanzsr o éxito” pero sí ”no valor do traballo e do esforzo”.
Tamén se dirixiu á oposición para pedirlles “unidade ante os desafíos globais ós que nos enfrontaremos nestos anos e lealdade co noso pobo á hora de solicitar inversións ante os entes supramunicipais. Gustaríame ter unha oposición dura e de confrontación pero ao mesmo tempo construtiva para alcanzar o progreso no noso concello”.