14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Iago Toba continúa como alcalde de Muxía

A pesar de tódalas cábalas e negociacións que houbo nos últimos días o socialista Iago Toba Campaña conseguiu volver ser elixido alcalde de Muxía e sen obter unha maioría absoluta de votos.

A alternativa pasaba por algún entendemento entre os tres grupos da oposición, que sumaban 6 votos por 5 do PSOE. Pero non houbo acordo.

PP, Independentes e BNG, na oposición

Os cinco concelleiros socialistas votaron por Iago Toba, os tres edís do PP pola súa portavoz, Sandra Vilela, e os dous independentes por Javier Sar, que tamén recibiu o apoio da concelleira nacionalista Mercé Barrientos.

Durante a súa intervención, Toba agradeceu a confianza depositada nel e en todo o seu equipo por parte da veciñanza de Muxía ao «ser a forza máis votada nestas eleccións, isto significa que todo o que traballamos durante os últimos 4 anos tivo resultados e o respaldo da veciñanza. Fixemos realidade demandas históricas da veciñanza e agora afrontamos esta nova etapa con moita ilusión e ganas de seguir mellorando a calidade de vida de todos os muxiáns e muxianas».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos