13.5 C
Santa Comba
lunes, mayo 13, 2024

De La Sierra: O Soneira é un grupo de amigos

O capitán do Soneira SD analiza en Adiante Galicia todos os aspectos que están a levar ao seu equipo ao máis alto da clasificación sumando uns números de auténtica vertixe.

Nesta entrevista pódese ver a gran calidade humana que atesoura este futbolista vimiancés, ao cal non se lle escapa nin un só detalle, desexándolle o mellor ao dianteiro do Corme, Alejo Cambón, que se lesionou a pasada fin de semana no encontro que enfrentou a cormeláns e soneiráns.

David Castro (@DavidCastro27)

P- En que se diferencia este Soneira ao da pasada tempada?

R- En varias cousas. En primeiro lugar e como aspecto fundamental no traballo, pois moitas veces o partido da fin de semana é o reflexo do traballo que vén realizando un equipo durante a semana. Despois hai outros moitos factores como poden ser que os xogadores xa contamos todos con un ano máis e iso é algo que se fai notar nun plantel tan novo coma o noso, pois seguramente acadamos un grado de madurez maior, que por outra parte espero que siga a medrar; as fichaxes realizadas, pois apuntalaron zonas do campo e aspectos do xogo nos que necesitábamos precisamente iso que nos están a dar; e en ilusión, pois ao final sempre é importante ter unha ilusión que te permita loitar por acadar un obxectivo. En definitiva, varias cousas que marcan unha diferencia notable respecto á temporada pasada, dito isto sen querer ser ventaxista debido a posición que temos agora mesmo na táboa, senón dende unha perspectiva do que ve traballar ao equipo, tanto en adestramentos coma nos partidos.

P- O tándem Manolito Leis-Roland Caamaño están levando ao Soneira ao máis alto da clasificación. Como influiu a chegada de Roland Caamaño ao corpo técnico do equipo?

R- Manolo seguramente necesitaba alguén que complementase todo o seu traballo e a súa forma de ver o fútbol, e seguramente atopou en Roland a persoa perfecta para ilo. Roland é unha persoa nova, que complementa perfectamente coa plantilla, con moitas ganas de traballar e de aportar para que o Soneira poida medrar. Sempre está moi pendente de todo, tanto do propio equipo como do equipo rival, algo moi necesario dentro dun equipo, e algo que todos valoramos moi positivamente.
 

P- A maioría dos xogadores que forman parte da plantilla do Soneira son de Vimianzo e os seus arredores. Esto está influíndo na boa traxectoria que está a ter o equipo?
 

R- O vestiario é espectacular. É moi difícil, xa non só no mundo no fútbol, senón nun grupo de 20 persoas, case 30 se contamos tamén ao corpo técnico e a directiva, onde todos se leven tan ben e dunha forma tan sana. É certo que isto xa era así en anos anteriores, pero claro que repercute positivamente na traxectoria dun equipo. Non existe diferencia entre os que somos de Vimianzo e os que non o son, pois todos se adaptaron dunha forma incrible. Pódese dicir que máis que un grupo de compañeiros somos un grupo de amigos.

P- O teu compañeiro e irmán Basti é parte fundamental para que este Soneira esté tan arriba na clasificación xa que leva é o máximo goleador da categoría con 11 goles en tan só oito partidos. Xa non colle a ninguén de sorpresa a gran facilidade que ten Basti para ver portería pero a diferencia de outros anos esta tempada supera a media de goles de anos pasados con creces. A que cres que se debe que esté tendo un inicio goleador tan espectacular?
 

R- Bueno, non o recordo, pero non me entranaría que a primeira patada que lle dese Basti a un balón na súa vida acabase entre tres paus, entre dúas pedras ou algo así. É verdade que dende moi pequeno sempre tivo facilidade para anotar moitos goles e así o está a demostrar agora. Xa fai dous anos rondou os 20 goles cando baixamos de Preferente, unha cifra espectacular, e aínda que o ano pasado baixou algo os seus rexistros esta vez está a ver de novo porta con facilidade, algo que ao final é un reflexo do xogo que está a ter o equipo. Dito isto, non só se pode valorar a Basti polos goles, pois haberá moitos partidos en que os goles non cheguen pero daranos outras moitas cousas que sempre están aí, como son ese xogo de espaldas, esa forma de aguantar o balón, esa loita cos defensas rivais, ese traballo que fai sempre e que ao final é algo que se debe valorar tanto ou máis. Persoalmente alégrome moito por el, pois máis que un irmán é un amigo, un compañeiro de vida. 

P- Antes de comezar a tempada esperábades estar tan arriba na clasificación?

R- Mentiría si dixese que esperábamos contar con esta puntuación a estas alturas, pero si que sempre nos marcamos como obxectivo estar na parte alta da táboa e é para o que estamos a traballar. É certo que estes puntos xa os temos aí, pero non debemos pensar que xa temos algo feito, pois apenas van 8 xornadas e queda un mundo por diante. Hai equipos moi fortes esta tempada, penso que se vai necesitar unha puntuación alta para acabar arriba, e aínda que sexa moi “cholista” iso de partido a partido, e mais vindo dun madridista coma min, ao final é unha pauta que hai que seguir para non caer en falsas crenzas. 

P- Cal é o segredo para que este Soneira esté colleitando tan bos resultados?

R- Máis ou menos xa o comentei na primeira pregunta, o maior segredo é o traballo que está a realizar o equipo tanto nos adestramentos coma nos partidos. E desfrutar, cando o equipo xoga, nótase que está a desfrutar sobre o campo, e ao final cando estás a facer algo co que estás a desfrutar, as gañas de traballar aparecen soas. Digamos que se traballas, desfrutas, e se desfrutas, traballas.

P- Hoxe por hoxe, que obxectivo vos marcades no vestiario? Soñades coa posible volta á Preferente Norte?
 

R- O obxectivo sempre foi estar na parte alta da táboa, e non debemos marcarnos un obxectivo que non sexa ese, debemos ser ambiciosos. Ser conscientes de que isto dá moitas voltas, e que haberá tramos da tempada nos que non estaremos tan ben, pero queremos chegar as últimas xornadas con opcións de poder loitar por todo. Iso si, sempre pasiño a pasiño. Sabemos que se gañamos o próximo partido estaremos máis cerca dese obxectivo. Respecto ao que soñamos ou non, lía este día de Teresa Perales (a nadadora paraolímpica española gañadora de tantas e tantas medallas) que “ter soños é marabilloso, pero esforzarte e loitar por conseguilos aínda mais”. Con iso debemos quedarnos.
 

P- A vindeira semana recibides ao Carcacía, que agora mesmo ocupa a última praza da clasificación. Como afrontades este partido?

R- Pois non sei que nos dirá Manolo, pero seguro que non deixará que o equipo se relaxe e saíremos coa mesma intensidade de sempre ou máis, así que como todos os demais encontros. Respecto ao Carcacía, van moi poucas xornadas, e non os coñezo, pero pode que estean a pagar unha posible adaptación á categoría. Non nos debe levar ao engano que estean na última praza, pois iso incluso os farán máis perigosos e cunha maior necesidade de puntuar. Ademáis, estanos a costar sacar un pouco máis os partidos na casa, polo que queremos cambiar esta dinámica. Por unha parte, por toda esa xente que se acerca a vernos e apoiarnos, e por outra, porque facerse forte en Vimianzo é fundamental para estar arriba. 

Gustaríame dende aquí mandar moito ánimo a Alejo dende toda a familia do Soneira, esperemos que se recupere moi pronto e non sexa nada. Un xogador como el debe estar xogando sempre.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos