6.3 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

Martín Varela no V Open ITF Cidade de A Coruña

A pasada semana celebrouse o V Open ITF Cidade de A Coruña na Escola de Tenis Marineda de Cambre, no que estivo presente Martín Varela, o deportista desta casa.

David Castro (@DavidCastro27)

No cadro individual, o cormelán superou ao polaco Krzystof Brezyna en primeira rolda por 6-2 e 6-1 nun gran partido de Martín. 

Tras este encontro, o tenista de Corme encontraríase cun duro rival, o número 1 do cadro e gran favorito para levarse o torneo, o madrileño Daniel Caverzaschi. Finalmente, Martín caería nos cuartos de final ante Caverzaschi, nun enfrentamento no que o de Madrid fixo un gran partido e o cormelán tivo demasiados errores non forzados que fixeron que a balanza caese do lado do número 1 do cadro.

Na xornada de domingo, o rival de Martín nestes cuartos de final faría valer a súa condición de favorito e sería o campión do V Open ITF Cidade de A Coruña tras superar final ao galego Martín de la Puente, número 2 do cadro.

No que respecta aos dobres, Martín Varela fixo parella como sempre co seu gran amigo Álvaro Illobre e os galegos chegarían a final logo de eliminar á dupla polaca Batycky-Brezyna, en cuartos, e a parella española Coronado-Fadrique.

Na gran final, o cormelán e o aresano enfrentaríanse á dupla formada polo murciano Kike Siscar e o madrileño Roberto Chamizo nun partido que se caracterizou pola igualdade en case todos nos puntos e nos momentos decisivos os foráneos tiveron máis acerto que a parella local e foron capaces de gañar o encontro e o torneo.

XXV Campionato de España de tenis en cadeira de rodas

Hoxe comeza o XXV Campionato de España de tenis en cadeira de rodas no Club de Tenis de Miranda del Ebro (Burgos). Martín Varela parte co nº 14 do ranking nun torneo no que os máximos favoritos volven ser Daniel Caverzaschi e Martín De la Puente ao igual que no V Open ITF Cidade de A Coruña da pasada fin de semana. Este é o último torneo de rodaxe para o cormelán antes de afrontar a carreira polos puntos para a clasificación para as paraolimpiadas de Rio 2016.

Hoxe ás 16.00h, Martín Varela comezará o seu percorrido neste campionato ante o zaragozano Carlos Pina, número 8 do cadro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos