9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Manuel Durán espallou os seus versos polas ondas xalleiras

Manuel Durán volveu a súa casa radiofónica, Radio Xallas. Despois de participar no programa “Estamos Contigo” que dirixe en Radio Obradoiro e Fórmula Fun Galicia, o veterano locutor Luis Rial, o “copleiro do Cubelo” estreou o novo ano “Na Encrucillada”.

Durán Gómez recitou varios textos relacionados coa emigración, coa terra, co pobo natal do Cubelo ou incluso un de carácter autobiográfico, que conta a historia dun mozo que ten que emigrar, afrontando unha vida complexa.

Escoita a Manuel Durán desde o minuto  57

Tamén recitou un poema seu adicado a Radio Xallas e ao seu locutor Xosé Manuel Lema, que tamén leu varios poemas da súa autoría nesta emisión. Un día no que o outro convidado foi Gabriel Cernadas, un mozo de Muxía apaixoado pola historia dos naufraxios na Costa da Morte e habitual colaborador de Crónica Marítima.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos