“Carballido perdeu máis subvencións do que vale o POS” afirmou o concelleiro pontecesán en Radio Xallas(minuto 75)
O concelleiro non adscrito, Miguel Ángel González, confirmou que houbo unha “decisión unánime” por parte da oposición de non asistir ao pleno xa que ao non haber consenso “era outro pleno para gastarlle cartos ós veciños”.
Lembrou que pediron unha entrevista co Presidente da Deputación que non foi atendida, e chegou a preguntarse se para o organismo provincial “fora outro partido daríalle este tipo de oportunidades?”.Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” sinalou:”Este señor segue coa teima aprobar o seu POS, cun gasto corrente de 700.000 euros e unha obra”.
«Ten que haber algo para que o PSOE apoie a este señor»
Comparou as ofertas de investimentos lanzados polo alcalde nos últimos días como “unha ruleta da fortuna” xa que “parece que van vindo os cartos pouco a pouco”. Gónzalez non entende como o PSOE persiste no seu respaldo ao rexedor:”Ten que haber algo para que o PSOE apoie así a este alcalde. Ou os ten collidos por algún lado ou hai algún tipo de beneficio”.
Moción de censura, unha opción
Puxo como exemplo da “xestión caótica” de Carballido o referente ás axudas:”Perdeu máis subvencións do que vale o POS”.Tamén se referiu á posibilidade da moción de censura aínda que precisou que non le algo inmediato:”A moción de censura é unha das opcións que nos quedan. Non deberíamos chegar a ella se o PSOE vira o que está pasando aquí”.