9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Alfonso Mouzo:”Veñen a lucrarse da enerxía dos ríos Xallas e Grande”

Escoita a entrevista con Alfonso Mouzo a partir do  minuto 29 do audio

O presidente do Comité de empresa de Ferrotlántica(Agora XEAL) na Costa da Morte, pensa que o cambio de nome da empresa “é unha declaración de intencións dos novos propietarios que poñen por diante a xeración da electricidade en vez das ferroaliaxes”.

Segregación encuberta

Alfonso Mouzo insiste en que “van a querer segregar pola parte de atrás”, asegurando que mentres Xallas Electricidad y Aleaciones(XEAL) “vende catro veces máis electricidade que da que se compra”, a actividade das fábricas é menor co forno 13 parado e outros traballando a un ritmo máis lento do habitual:“Veñen a lucrarse da enerxía dos ríos Xallas e Grande” manifestou.

Máis mobilizacións

Mouzo confirmou que continuarán co calendario de mobilizacións. A vindeira será o luns 2 de marzo, se ben comentou que “estamos pensando en facer algo máis”.

Demandan que se presente un plan de viabilidade “que garanta a actividade industrial”.A desconfianza no comité de empresa non diminúe porque, lembran, os novos propietarios manteñen o recurso pola segregación das actividades e “o ERTE segue en vigor”.

Tamén están á espera de que a Xunta convoque unha xuntanza a tres bandas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos