Entrevista a José Antonio Ucha a partir do minuto 19 deste audio
José Antonio Ucha advertiu hoxe que non está disposto a que David Barbeira goberne sen contar con grupo socialista:”Olvidouse que gobernaba con seis”.Neste senso foi claro:”Seis persoas o puxeron aí e se nós mete fora, o poder correspóndelle ao PP. Ou conformas unha maioría alternativa ou devolves o poder”.
“Non podemos deixar gobernar a ningún visionario”
Pero para que non quedara ningún lugar a dúbidas, José Antonio Ucha foi máis alá:”Non consentirei un goberno cunha soa persona. Non podemos deixar gobernar a ningún visionario”.
E afirmou que ante a posibilidade de perder un plan de obras ou algo similar adoptaría medidas:”Se Barbeira nos deixara sen plan de obras estaría disposto a facer o que fixera falta. Se se perxudica ao noso concello os nosos votos están a disposición de calquera, incluso do PP”. E chegou a falara dun posible “goberno de concentración” se o mandatario non goberna en coalición.
E se nos cinguimos as verbas de Ucha, o rexedor podería estar camiñando sobre o fío da navalla, porque precisamente o primeiro tenente de alcalde asegura que non se conta co seu grupo.”Nas xuntas de goberno non se fala de nada. O único debate que temos é cando vimos a radio”.
“Temos que pedirlle audiencia como se fora un ministro”
Tamén fala de falta de contacto e de respecto co socio:”Non nós recibe. Temos que pedirlle audiencia como se fora un ministro”. E sobre a labor do mandatario fala de “xestión cero”.
Segundo Ucha Velo “non hai correspondencia oficial, nin xestión do alcalde con ninguén, só unha entrevista na Deputación”. E aclara que “non se pode mentir a xente, estamos en ondas moi diferentes”.
“Non quixo consenso”
Quixo aclarar que o plan de obras do alcalde “non foi dictaminado en comisión” e que foi Barbeira ao que non lle interesou dialogar:”O seu plan tiña un só voto a favor, e así non se aproba ningún plan de obras. Non quixo consenso, nós chamamos a Barbeira en repetidas ocasión para facer un plan de obras”.
Manifestou que a proposta de Compromiso por Galicia deixaba actuacións fora como a da Avenida de Santiago e insistiu que “o noso compromiso de facer a carretera de San Salvador segue estando aí”.
Porque non os gastou en San Salvador?
Pregúntase o portavoz do PSOE porque continúa adiante “contra a vontade do pobo” co investimento para colocar a herba artificial no campo de Fontenla e “porque non os gastou en San Salvador”
E defendeu o plan de obras aprobado:”Tratamos de facer unha conservación do que hai. Hai que ter equipamentos para poder facer as cousas” sinalou en alusión a compra de maquinaria prevista.