“Aspiramos a gañar as eleccións en Coristanco”.
O exalcalde Antonio Pensado Plágaro lidera a Agrupación Electoral Veciños de Coristanco(ALVC) coa que agarda ser a forza máis votada nas eleccións do vindeiro 26 de maio.
“Son do PP e o fun toda vida, e amigo do presidente da Xunta” aclara Pensado que seguidamente explica que “tres persoas tomaron decisións equivocadas sen falar cos demais e penso que as cousas se deberían de facer doutra maneira”.
Centrados no diálogo
O candidato da ALVC criticou a xestión de Amancio Lavandeira que “non pagou a ninguén” pero tampouco está moi satisfeito coa de Abraham Gerpe, a quen apoiou nunha moción de censura.”Nestes últimos anos a situación mellorou, fíxose fronte aos pagos pendentes pero seguimos levando as cousas moito atraso. Coristanco necesita unha nova corporación municipal que se centre no diálogo”.
Antonio Pensado asegura que evitará a confrontación e buscará o diálogo:”Os pactos non deben facer esquecer o interese xeral dos veciños de Coristanco”.
Entre as súas prioridades están revisar a xestión municipal, un plan para mellorar os accesos a todas as parroquias, actuacións concretas “e non bacheos”, mellorar os servizos , “devolverlle a confianza aos veciños” e conseguir que “haxa un entendemento cos traballadores e un bo ambiente”.
«Son unha persoa honrada e traballadora»
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas indicou que “temos un programa amplo e realista que imos a explicarllo moi ben á xente.”Vou a crear a concellería da Familia, necesitamos fixar poboación e vou a ser o alcalde das familias”.
Unha das súas propostas consiste en conceder mil euros anuais durante catro anos a cada neno que naza en Coristanco.Tamén quere ampliar o horario de atención da Policía Local, ou habilitar un local social xunto o Tanatorio da capital municipal.
Na entrevista falouse da causa xudicial na que está inmerso:”Son unha persoa honrada e traballadora e estou totalmente tranquilo”.