8.5 C
Santa Comba
viernes, mayo 3, 2024

Sinaturas para recuperar o servizo pediátrico en Zas

Presentan case 1.000 sinaturas na Xunta

Continúan en Zas coa demanda ante a Consellería de Sanidade para que se volva a prestar o servizo pediátrico de 35 horas semanais, na actualidade reducido á atención en días alternos nos centros de saúde de Zas e de Baio entre as 12,00 e as 15,00h.

Nesta ocasión, un grupo de pais e nais entregou preto de mil sinaturas nas oficinas do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, para apoiar a súa reivindicación. O alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín acompañou a este colectivo.

Zas sen recortes en pediatría

Os impulsores da recollida aseguran que con esta cantidade de sinaturas recollidas queda reflectida a preocupación que existe na veciñanza  “xa que representan máis do 20% da poboación total do municipio”.

A Coordinadora  “Zas sen recortes en pediatría” ten previsto realizar novas accións nos próximos días.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos