9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Intervención de 100 toneladas de produtos pesqueiros en Sardiñeiro

Actuación dos axentes do servizo de Gardacostas de Galicia no concello de Fisterra.

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia dependente da Consellería do Mar, coa colaboración da Policía Autonómica e de profesionais da inspección sanitaria de saúde pública da Consellería de Sanidade, realizaron nos últimos días un control nun establecemento de Sardiñeiro, en Fisterra, no que interviñeron cautelarmente arredor de 100 toneladas de produtos pesqueiros, principalmente polbo, distintas especies de peixe e outros moluscos.

Desde a Xunta de Galicia informaron que a mercadoría foi precintada “debido a que carecía de documentación que avalase a súa procedencia,debido a que había produto de talla ilegal e a que tanto o produto como as instalacións non cumprían coas medidas de hixiene, mantemento e manipulación correspondentes”.

Nun principio o propietario opúxose a inspección

As mesmas fontes aseguran que o establecemento non dispoñía de autorización para algunhas das actividades que se realizaban cos produtos e indican que “nun principio o propietario opúxose a que o local fose examinado e amosou resistencia mesmo proferindo insultos aos axentes, que finalmente foron quen de realizar o seu traballo”.

Os axentes detectaron catro cámaras frigoríficas. Nunha delas había arredor de 700 quilos de polbo.Outras dúas cámaras utilizábanse como almacén de distintos produtos conxelados e entre as dúas contiñan unhas 80 toneladas de produto como polbo embalado e varias caixas plásticas con distintas especies de peixe conxelado.

Segundo a Xunta a cuarta cámara  era empregada para o depósito de produtos caducados e estímase que albergaba entre 10 e 12 toneladas de mercadoría, entre a que figuraba peixe embalado e sen embalar (abadexo, congro, xurelos, pescada e lirio entre outras especies), bolsas de polbo, navallas, calamares, vieiras e produto elaborado conxelado, entre outros. Os axentes tomaron mostras da navalla para a súa análise por parte do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar).

Principalmente polbo

Ademais os axentes procederon á inspección doutras partes do establecemento e da súa contorna e atoparon nos seus corredores caixas con aproximadamente 580 quilos de polbo fresco. Dúas destas caixas, con arredor de 40 quilos de polbo, non estaban correctamente identificadas. Alí os gardacostas tamén detectaron arredor de 300 quilos de polbo conxelado sen identificar.

A maiores, no exterior da instalación, os axentes inspeccionaron dous camións e nun deles atoparon arredor de 40 quilos de polbo fresco distribuído en dúas caixas e que estaba sen identificar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos