10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

XIX Festa do Bolo do Pote en Mazaricos

A localidade da Picota acolle a vindeira fin de semana a XIX Festa do Bolo do Pote, organizada polo concello de Mazaricos coa colaboración da asociación Amas de Casa e de veciños Monte Picoto.

O sábado 4 de marzo haberá xantares e ceas de Cocido e Bolos do Pote, previa reserva, nos seis establecementos participantes; Restaurante O Verxel, Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Vinculeiro, Café-bar Alborada e Bar Asador Manduca.Hai un menú especial co Bolos de Pote, Cocido con grelos, postre, viño e café cun prezo de 15 euros.

Xa o domingo, a Festa comenzará as 13.00h cun pasarrúas e actuación do grupo de gaitas O Verán. Despois no campo da feira da Picota haberá unha degustación de Bolos do Pote e os xantares nos establecementos hostaleiros.A orquesta Xacobeo amenizará a sesión vermú a unha verbena que se iniciará as 18:30h.Tamén Haberá inchables para nenos.

Promoción desde o concello

O concello de Mazaricos promociona a Festa do Bolo do Pote e este produto típico con distintas iniciativas, entre elas un showcooking que tivo lugar na feira Xantar de Ourense e outra mostra que terá lugar este xoves en Lalín.

“A elección de Lalín obecede a unha vontade de estreitar lazos entre feiras gastronómicas e tamén á relación do bolo do pote co cocido” declarou o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que xa ten pechada a visita do autobús do Cocido ao concello para o vindeiro.Nesta edición agardan poden superar as 1.500 racións repartidas o ano pasado.

Segundo explican desde o concello “A preparación dos bolos do pote resulta aparentemente sinxela, aínda que cada cociñeiro ten o seu segredo para facer este prato saboroso. A base para a súa elaboración é a fariña de millo mesturada coa de centeo, que proporcionan consistencia. Poden empregarse anacos de touciño entrefebrado, chourizo ou touciño, cos que se prepara un rustrido que dá sabor á masa. Unha vez feito isto, dáselle forma de bóla e introdúccese a cocer na auga fervendo do caldo. Tras isto, córtase e sérvese acompañado de chourizo, lacón, orella ou calquera carne de porco”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos