Ángel García Seoane:»Non queremos máis proxectos, queremos obras reais».
O grupo provincial de Alternativa dos Veciños convocou unha concentración para esixir ao goberno central obras nos accesos á cidade da Coruña.O acto reivindicativo terá lugar o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 12,30 fronte a Delegación do Goberno (Praza de Ourense). Desde Alternativa dos Veciños demandan a urxente contratación das obras no cruce de Sol y Mar e a ampliación da ponte da Pasaxe e de Alfonso Molina.
Aseguran que “as decenas de accidentes acontecidos nas últimas semanas no mesmo punto da ponte da Pasaxe” provocaron grandes colapsos e atascos que convirten a situación en insostible para milleiros de cidadáns.
“Non queremos máis proxectos, queremos obras reais.Os veciños e veciñas que queiramos esta comarca, que somos coruñeses e nos interesamos polos problemas da cidade, temos que desprazarnos o sábado 13 fronte a Delegación do Goberno” manifestou o portavoz do grupo provincial de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, nos micrófonos de Radio Voz.