O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo anunciou a convocatoria das eleccións autonómicas que ficaron adiadas pola crise sanitaria. Serán o domingo 12 de xullo.
Núñez Feijóo volveu a insistir que segue os informes dos expertos sanitarios, o que considera que é o máis prudente. “É menos inseguro votar ao inicio do vran que despois de recibir a milleiros de turistas”. Asegurou que ningún partido da oposición presentou ningún informe ou data concreta alternativa.