8.2 C
Santa Comba
lunes, abril 22, 2024

Álvaro Rodríguez Núñez:“O voto galeguista existe e é determinante en Galicia”

O politólogo Álvaro Rodríguez ten claro que “o voto galeguista existe e é determinante en Galicia”. Considera que representa un 20% do caladoiro electoral dun PPdeG “que no é o mesmo co PP do País Vasco ou co de Madrid”.

Entrevista a Álvaro Rodríguez a partir do minuto 27

Habilidade na mensaxe bidireccional do PP

Atribúe ao Partido Popular de Feijóo unha certa “habilidade” para colleitar apoios en dous sectores distintos.”O PP conecta cun electorado galeguista que lle dá a maioría absoluta e ao mesmo tempo co electorado españolista mediante o voto útil”.

Segundo a súa opinión o Partido Popular de Galicia “aglutina a un sector que se sente nacionalista galego sen ser soberanista”.Pola súa parte “O BNG ten o voto nacionalista pero con distintas características, sendo a forza nacional galega de esquerda”.

Os indecisos decidirán o 5-A

Esa é a lectura tradicional que o avogado pontevedrés fai porque sobre as vindeiras eleccións do 5 de abril pensa que hai dúbidas por despexar:”Os últimos deputados das provincias van a determinar a maioría parlamentaria.A día de hoxe non se sabe o que vai a ocorrer o 5-A. Os indecisos decidirán”.

Entende que hai “unha porcentaxe de voto pequeno que se decide nos últimos días”. Pero que será moi importante.“A campaña electoral está para mobilizar aos indecisos, a maioría xa ten claro a quen vai a votar” comenta Rodríguez.

O PSdeG, un partido cohesionado

Pase o que pase nos vindeiros comicios, pensa que o líder do PsdeG, Gonzalo Caballero “ten futuro” por diante.”O PSOE está moi cohesionado, unido e cun líder que transmite seguridade”.

Considera que as enquisas “ofrecen unha imaxe do sentir da poboación” aínda que en moitos casos “enfócanse en beneficio de quen as contrata”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos