10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

“Existe un interese social pola loita pola igualdade e unha percepción de que os recursos son deficitarios»

Comparecencia de Ánxela Franco. A Deputación promove o proxecto “Compartimos Plan”

A deputada de igualdade da Deputación provincial da Coruña, Ánxela Franco avanzou os primeiros datos do proxecto “Compartimos Plan” promovido pola área que dirixe:“Os resultados que estamos obtendo mostran que existe un interese social pola loita pola igualdade e que existe unha percepción de que os recursos son deficitarios».

Con este plan trátase de sensibilizar e identificar as necesidades vencelladas coa igualdade entre homes e mulleres. «Compartimos  plan quere ser un proxecto sólido e rigoroso que analice as políticas de igualdade dos concellos e da propia Deputación e detecte as urxencias, intereses e necesidades para que as actuacións sexan máis eficaces» manifestou Franco.

Estes primeiros datos desvelan que a meirande parte do persoal da administración recoñece como unha necesidade primordial a elaboración de políticas públicas que transversalicen a igualdade de xénero na sociedade e nas propias administracións,

Necesidade de financiamento específico

Tamén destacou que os concellos de 14 das 18 comarcas coruñeses incidiron na necesidade de contar cun financiamento específico que permita desenvolver actividades e proxectos en prol da Igualdade e así sensibilizar ao tecido social sobre a problemática existente e para a prevención contra da violencia de xénero.
 
 
O proxecto compartimos Plan, tamén analizou o grao de sensibilidade de xénero que posúe o persoal das administración por medio da dinámica «Gradúate no xénero» co que se quixo testar o grado de sensibilidade de xénero do persoal e reflectir colectivamente sobre a existencia de desigualdades entre homes e mulleres.

Neste ámbito, 8 de cada 10 persoas considera que a igualdade é un tema importante e necesario de abordar en tanto que 6 de cada 10  recoñecen que existen dificultades para identificar as desigualdades e os desequilibrios entre homes e mulleres. Tamén é significativo que 2 de cada 3 persoas entenden que o uso da linguaxe inclusiva é importante na documentación administrativa.Polo de agora, o proxecto avanza con entrevistas realizadas a persoal da área das administracións locais e case mil cuestionarios analizados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos