9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

E a Fraga de Catasós salvouse

Rafael Cuíña:»O goberno e o pobo de Lalín salvan a Fraga das Casas Vellas». A xustiza desestima un recurso de Fenosa que deberá pagar os custes do procedemento.

A xustiza doulle a razón ó concello de Lalín.O xulgado do contencioso-administrativo número 3 de Pontevedra desestimou un recurso de Unión Fenosa contra a denegación da licenza municipal para construír unha liña de alta tensión na paraxe natural da fraga das Casas Vellas, en Catasós, no concello de Lalín. O proxecto tamén afectaba a O Irixo.

“Querían talar dúas mil árbores”

“Querían talar dúas mil árbores. Esta sentenza é histórica para Lalín e a veciñanza” declaraba na Radio Galega, Suso Rivas, da Plataforma Salvemos Catasós

Desde este colectivo non ocultaban a emoción:”A defensa inda non rematou pero hoxe viñéronse as bágoas ós ollos”.De feito foron varios anos de actividade contra os plans de Fenosa.

Rafael Cuíña, un alcalde feliz

Tamén de felicidade era a sensación do alcalde, Rafael Cuíña, que resumía nunha frase a esencia desta loita:»O goberno e o pobo de Lalín salvan a Fraga das Casas Vellas». 

Nas redes sociais, Cuíña Aparicio deixaba claro que “hoxe derrotamos ós poderes fácticos de Lalín.Derrotamos a Fenosa”. O rexedor agradeceu o traballo dos avogados que levaron este caso.

Compromiso pon en valor ao seu alcalde pontevedrés

Desde Compromiso por Galicia, o partido no que milita Cuíña, aplaudían esta noticia e destacaban o “esforzo de moitos veciños e o bo facer de Rafa Cuíña”. 

O secretario xeral galeguista, Juan Carlos Piñeiro Docampo, lanzaba esta mensaxe aos cidadáns:”Agardo que os galegos e galegas tomen nota do que é a xestión dun goberno galeguista e dun alcalde comprometido, que vexan como a diferenza doutros, os gobernos de Compromiso cumpren coa palabra dada”.

Unión Fenosa aínda pode recorrer ante o TSXG, pero o paso dado non é menor.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos