10 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Mazaricos celebra o día do leite

Por segundo ano consecutivo o concello de Mazaricos quere celebrar o día mundial do leite: «É o segundo ano que celebramos coa veciñanza que se achega ao concello este día porque así lembramos a importancia económica e tamén social deste produto, e non só para o noso municipio, para toda Galicia» comenta o rexedor Juan Blanco.

Por este motivo, a vaca Mazarica estará na casa do concello e haberá un convite de produtos lácteos para os que se cheguen ata o edificio municipal, que ademais recibirá a visita dos nenos da Escola Infantil.

«Igual que noutras actividades, tratamos de achegar aos máis pequenos ao que somos, á esencia de Mazaricos e Mazaricos non sería tal sen o sector agrogandeiro», afirmou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. Desde o concello tamén queren dar visibilidade a esta xornada e ao sector a través das redes sociais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos