9.8 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Compromiso insiste en demandar melloras no cruce de Santa Catalina

O secretario local de Compromiso por Galicia en Santa Comba, David Barbeira, insistiu en demandar medidas de seguridade no cruce de Santa Catalina despois do accidente que tivo lugar este mércores.Barbeira lembra que presentou un escrito fai máis de dous meses e lamenta que «os nosos gobernantes non fan caso ningún, pois no día de onte tivemos que lamentar outro accidente neste mesmo sitio e así seguirá sendo se non se toman as medidas necesarias».

Desde Compromiso pensan que se trata de «vontade política» e aseguran que o goberno local ten responsabilidade neste asunto:»Non nos vale que digades o típico (iso non é competencia nosa), xa que vós sodes os nosos representantes e polo tanto é a vosa obrigación darlle unha solución».

David Barbeira considera prioritario o diálogo entre as forzas políticas como «única maneira de cambiar o destino do noso concello».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos