7.5 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Un Luar moi especial en homenaxe a Paula Sueiro

O programa da Televisión de Galicia homenaxeou a artista recanteira da Costa da Morte, Paula Rodríguez, días despois da súa viaxe.

Xosé Manuel Lema

Xa estábamos todos avisados. A edición do Luar do pasado venres 13 de febreiro era moi  especial. Baixo a atenta ollada xuvenil de Paula Sueiro Rodríguez desde alturas, tocaba a merecida homenaxe, días despois da súa tráxica partida. E foi un festival de emotividade e sensacións a flor de pel.Ata os que non somos seguidores habituais do programa, non quixemos perder a cita.

A emoción e a tristura poboaban o esceario e cada recuncho onde se emitía o programa da Televisión de Galicia. Unha emisión que comenzaba cunha imaxe  de Pau que xa nos provocaba o primeiro refacho sentimental. Xosé Ramón Gayoso anunciaba que era a noite para  “celebrar a vida de Paula Sueiro e a vida que nos agasallou” e que despois de días de bágoas “quedámonos con ese marabilloso recordo”.

Despois choraron as rosas nas voces de Tania Fuegho, Xosé Manuel Piñeiro e Manuel Andrade. Pero tamén choraron as almas de cada recanteiro, de cada músico, de cada persoa que estaba no recinto e tamén nas súas casas segundo o veterano programa.Gayoso dou lectura a un agracedemento escrito dos pais, Belén Rodríguez e José Manuel Sueiro, e logo houbo cancións,videoclips, lembranzas e palabras quentes coma brasas.E ao mesmo tempo frías coma as ondas que se baten contra as pedras do Roncudo. Unha combinación estraña percorría is corpos.

E houbo distintas intervencións,o profesor de canto de Pau,Ramón Vázquez,  Pili Pampín, Yadhira, Hugo Torreiro, etc… E música moita música.Non houbo concurso porque esa noite se celebrou “O Recantos da Costa da Vida” cos concursantes sobrevivindo un naufraxio de dor, pero encontrando a vida na boia salvadora que Paula lanzou desde algún sitio.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos