7.5 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

«É o tempo do medio rural sen Feijóo e sen Ánxeles Vázquez»

Compromiso por Galicia unha voz propia para defender os intereses dos gandeiros en Madrid e na Unión Europea.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia é candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, criticou a apatía e a falta de reacción do goberno galego ante a prolongada crise do sector leiteiro: “Baixan os prezos, a situación vai a peor e os gandeiros non teñen un goberno que os defenda en Madrid e en Europa” alertou o político galeguista.

Nun comunicado de prensa, Xoán Bascuas afirma que “Necesitamos que Galicia teña voz propia. Non queremos unha conselleira submisa ás ordes da rúa Génova. Non pode ser que os gandeiros galegos cobren menos que outros territorios do estado e que por riba os prezos sigan caendo. E o resto son escusas”.

Os últimos datos coñecidos que certifican unha nova baixada dos prezos que continúan por debaixo da medida estatal, son para a formación galeguista, unha mostra que as cousas non van ben: Non chegan as promesas electorais para solucionar os problemas galegos, hai que sentilos na pel e iso só se consegue con máis autoestima galega como a que ten Compromiso” apuntan desde Compromiso que lembran outro dato: Galicia é a comunidade con menor duración dos contratos lácteos.

A pesares desta situación, o líder de Compromiso, Xoán Bascuas quixo enviar unha mensaxe positiva ós gandeiros galegos:”Hai solución porque somos unha potencia e temos recursos. Pero hai que escoitar ós produtores e defender con firmeza as súas peticións. Estamos convencidos de que a partir do 25 de setembro ábrese un novo horizonte, é o tempo do compromiso co medio rural e dun futuro sen Feijóo e sen Ánxeles Vázquez”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos