8.6 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

O larachés Félix Bértoa cumpriu cen anos

O señor Félix Bértoa Pombo celebrou nesta pasada fin de semana o seu 100 aniversario que cumprira hai agora unha semana, o día 13 de novembro. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, felicitouno persoalmente e obsequiouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. A concelleira Patricia Bello e o cura párroco de Erboedo, Don Manuel Mallo, tamén saudaron ao novo centenario larachés e aos seus familiares nesta sinalada data.

Félix Bértoa Pombo é natural de O Pazo, na parroquia de Soandres, e reside desde hai anos no Igrexario de Erboedo. Ten dúas fillas (Visitación e Rita), un fillo (Pedro), seis netos e oito bisnetos.

Neste século de vida foi combatente na Guerra Civil española, traballou moitos anos como labrego e gandeiro, foi practicante e tamén menciñeiro de animais. Unha das súas grandes paixóns sempre foron os cabalos.

No Concello da Laracha residen dez persoas que superan os cen anos de vida, das cales oito son mulleres e dous son homes. Por tanto, Félix Bértoa é o segundo varón de maior idade do municipio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos