9.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Falece Alejandro, un cabaleiro do fútbol da Costa

O cormelán Alejandro Torrado Bermúdez faleceu ós 48 anos de idade como consecuencia dunha enfermidade. A mesma doenza que o obrigou a deixar o fútbol fai uns anos.

Un histórico do Corme C.F. durante décadas. Un dos grandes xogadores que percorreron os campos de fútbol da comarca e un auténtico cabaleiro da Liga da Costa. Todo un señor.

Unha boa persoa. Alejandro será lembrado polo exemplo que deixou nos campos de fútbol e polo seu carácter. Tamén pola calidade técnica que nos fixo gozar do deporte durante anos.

Desde esta redacción queremos enviar as nosas condolencias a súa familia e amigos, e lembrar a unha persoa que tivemos a sorte de coñecer.

O funeral e enterro de Alejandro Torrado será este martes ás 19,00h en Corme.

FOTOS- EDUARDO CAMBÓN

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos