8.6 C
Santa Comba
jueves, mayo 2, 2024

Cousas que quedan atrás

O Paiosaco perdiu a súa condición de invicto, o Baio volve a funcionar dende a chegada de Pastoriza ao banco, o Mazaricos segue medrando na Liga da Costa e na Terceira Rexional, Corcubión e Laxe dan un paso á fronte.

Redacción (@AdianteGalicia)

Na Terceira División, o Bergantiños tan só sumou un punto ante o Silva nun encontro no que os carballeses foron superiores durante casi todo o partido pero no que non soubo aproveitar as súas oportunidades.

Na Preferente Norte, un buen Arzúa hizo que el Paiosaco perdiese su condición de invicto tras catorce jornadas sin conocer la derrota.

No derbi costeiro da xornada, un bo Laracha superou claramente en todas as facetas do xogo a un Dumbría que estivo ausente durante todo o partido.

Pola súa banda, o Xallas salvou un punto nos minutos finais do encontro ante o Milagrosa nun partido no que mereciu a victoria por ocasións e por xogo.

Na Primeira Rexional, axústanse as cousas na parte alta da clasificación logo de que o Soneira caese pola mínima no derbi costeiro ante un Baio que non sabe o que é perder dende a chegada de Pastoriza ao banco e que está a mostrar a imaxe da pasada tempada.

Mentres que o Sofán voltou á senda da victoria, non sen sufrimento, ante un Lesende que vendeu cara a súa pel e que incluso puido empatar no último minuto do encontro cunha ocasión de Óliver que repeliu o longueiro.

Pola súa banda, o Outes segue intratable e sumou a súa cuarta victoria consecutiva logo de superar ao Carcacía, un triunfo que lles permite aos de Manu Roque seguir subindo postos na táboa clasificatoria.

Duro correctivo o que sufriu o Malpica na súa visita ao Tordoia, onde recibiu ata nove goles. O resultado deste encontro resume perfectamente o sucedido en Gorgullos.

Polo que respecta ao Corme, dous goles de Lucas no treito final do partido salvaron un punto para os homes de Miguel Torrado ante un Piloño que xa pensaba que se ía levar os tres puntos do Cairo, pero a reacción dos cormeláns non llo permitiu.

Os dous primeiros clasificados da Liga da Costa non foron quen de ganar esta xornada. Por unha banda, o Sporting Zas vía como se lle escapaban dous puntos nos últimos minutos de partido logo de que Darío fixese o gol do empate para o Castriz. Algo semellante lle pasou a un Ponteceso que xogou con dez xogadores durante dez minutos que viu como o San Lorenzo se levaba un punto do Pinguel cun gol en propia porta no minuto 93.

Mentres tanto, o Mazaricos xa se atopa moi cerca dos postos de privilexio da clasificación logo de remontar no seu feudo o gol inicial do Fisterra para acabar gañando por 3-1.

No que respecta ao Baíñas, os da parroquia vimiancesa caeron derrotados pola mínima no Xosé Luis Vara por mor dun gol do esteirán Pablo Rama. Ademáis tras o encontro, o míster do cadro verde, Pablo Mallón, presentaría a súa dimisión por uns problemas personais.

No Sampaio dos Refoxos, un gol de Javi Gemelo nos minutos finais certificaba a remontada do Cerqueda e dáballe a victoria ao conxunto malpicán para así rematar coa boa xeira de resultados do Cee de Alfredo Cambeiro.

Pola súa banda, o Ameixenda caíu derrotado por un Coristanco que levaba sete xornadas sen gañar e colle un respiro a costa dos ceenses.

Outro que acadou unha importantísima victoria foi o Buño, que tivo que remontar ante un Porteño que segue sen levantar cabeza e que se mete en serios problemas.

O Volantes de Baño colle aire a costa do Carnota, nun partido nos que os pupilos de Santi Rodríguez xa encarrilaron na primeira metade.

E chegou a primeira victoria do Cabana, tres importantes puntos e moi ansiados polos cabaneses que lograron gañar nun difícil campo como é o Hermanas Patiño.

O líder da Terceira Rexional viuse obrigado a remontar o tanto inicial do Nantón pero finalmente o Corcubión sumaría os tres puntos nun partido no que ambos conxuntos remataron con dez xogadores.

O que tampouco fallou a súa cita coa victoria foi o Laxe que superou ao Monte Louro no encontro da xornada. Un gol de Samuel e outro de Jacinto, dende o punto de penalti, servíronlle aos de Adrián García para sumar os tres puntos ante un rival directo como é o Monte Louro, e ademáis permítelles seguir invictos.

Pola súa banda, o Sporting Seaia acadou o seu segundo triunfo da tempada tras superar ao Muxía pola mínima nun partido que estivo marcado polos goles en propia porta.

Mentres tanto, Castrelo e Lira empataron nun encontro con moitos goles e emoción.

TERCEIRA DIVISIÓN 

Bergantiños CF 1 – 1 Silva SD

PREFERENTE NORTE 

Xallas FC 1 – 1 SCD Milagrosa

Laracha CF 5 – 0 CF Dumbría

CSD Arzúa 3 – 1 UD Paiosaco

PRIMEIRA REXIONAL

Corme CF 2 – 2 SD Piloño

Tordoia CF 9 – 0 SCD Malpica

SD Carcacía 0 – 2 Outes CF

SD Sofán 2 – 1 Lesende CF

Soneira SD 0 – 1 CD Baio

LIGA DA COSTA

UC Cee 1 – 2 UD Cerqueda

Mazaricos CF 3 – 1 SD Fisterra

SD Esteirana 1 – 0 CD Baíñas

UD Carnota 1 – 2 Volantes de Baño FC

Sporting Zas 2 – 2 SD Castriz

Ponteceso SD 3 – 3 SD San Lorenzo

SD Coristanco 2 – 1 SD Ameixenda

Buño SCD 4 – 2 Porteño CF

Camariñas FC 1 – 2 Cabana SD

TERCEIRA REXIONAL

UD Corcubión 4 – 2 CD Nantón

SD Laxe 2 – 0 UD Monte Louro

Sporting Seaia CF 2 – 1 Muxía CF

CF Castrelo 3 – 3 Lira CF

Descansou Camelle SD

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos