Malpica: memoria de baleas e ondas e barro

O Concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña, sitúase en plena Costa da Morte, unha das zonas máis emblemáticas e espectaculares do litoral galego, potenciada agora dentro dun gran roteiro costeiro autonómico. A 50 km da capital provincial, conectada pola AC-418 e a autoestrada AG-55 (30 km), dispón de servizos de bus da empresa Arriva desde a cidade herculina e desde Santiago de Compostela.

O Camiño do Litoral é unha senda costeira que percorre Galicia e por Malpica pasan nada menos que tres etapas. A 19 une os portos de tradición baleeira de Caión e Malpica en 29,98 km. A etapa 20 contornea o escarpado litoral local ata a praia de Barizo en 15,08 km. A etapa 21 parte desde esta contorna a Ponteceso, abarcando 24,13 km.

Senderismo en Malpica

O novo roteiro usa camiños xa existentes para vertebrar a fachada marítima e poñer en valor o seu patrimonio natural, cultural e paisaxístico. Os primeiros traballos sobre o terreo inclúen a instalación da sinalización específica do percorrido e actuacións de acondicionamento para garantir a continuidade e seguridade do trazado.

Desde este verán está activado o roteiro, coincidindo coa posta en marcha dunha aplicación móbil que serve de guía para os usuarios. A aplicación Camiño do Litoral ofrece información detallada de cada tramo, recursos turísticos e referencias ao patrimonio natural e cultural do litoral. Tamén incorpora datos sobre os bens do catálogo elaborado pola Xunta tras asumir as competencias sobre a costa.

Se os límites desta peculiar comarca oficiosa son obxecto de especulación, todos coinciden en sinalar as Illas Sisargas de Malpica como un dos marcos físicos de referencia. Illas refuxio de náufragos e baleeiros, primeiro de atalaiadores medievais que vixiaban o paso de cetáceos ou avisaban dos perigos do mar, e despois de faroleiros desde mediados do século XIX.

Lendario arquipélago sinalado nos grandes mapas dos maiores cartógrafos, incorpóranse á lenda áurea da costa como Caesarias, illas do César (Xulio César pasou por elas en roteiro a Brigantium), ou asilo dos últimos templarios.

Obra de Lugrís- Foto concello de Malpica

Centrándonos na crónica certa, verificable —e pouco coñecida—, sabemos que náufragos e feridos da Invencible foron desembarcados nelas. Foron as últimas costas de España que observou Juan Sebastián Elcano na expedición coruñesa ás Especias, onde alcanzou a morte. E sabemos que Malpica foi un dos grandes portos baleeiros de Galicia, así o lembran en xornadas divulgativas colectivos como Mallas de Area (Memoria de xigantes. A cultura da balea), ou nos frescos que Urbano Lugrís deixou para a confraría de pescadores.

A tradición baleeira de Malpica está unida á de Caión, ben como asento de vascos e cántabros nos principios da pesqueira, ben como patria dunha flota local de patróns da chalupa vasca, recuperada polo meu bo amigo Daniel Anido. O mesmo Cosme de Médicis, na súa peregrinación a Compostela, enviou emisarios a estas partes (Magalotti, Baldi) para interesarse pola captura de baleas no mar das Sisargas.

Actividade salientable así mesmo polos nosos grandes cronistas e xeógrafos: o licenciado Molina, José Cornide, Jerónimo do Hoyo. José Mas fixo de Malpica a base da súa novela La Costa de la Muerte.

Vista do porto desde a Atalaia

Este municipio destaca pola beleza das súas paisaxes enfrontadas á forza do Atlántico e unha viva tradición mariñeira que segue moi presente na vida cotiá dos seus habitantes. O seu porto pesqueiro, un dos máis importantes da comarca, foi durante séculos o motor económico da localidade e continúa sendo un símbolo da identidade de Malpica cunha activa lonxa. O labor de salientables restauradores complementa a oferta gastronómica e de lecer, dando xusta fama á vila e a outros enclaves próximos. As sardiñas do cerco e o xeito, os percebes de Barizo son algunhas das xoias dos seus mares.

A proximidade á Coruña e o feito de servir de porta para as excursións polo litoral de Bergantiños fan de Malpica un destino estival moi demandado. Boa parte do centro urbano converteuse nunha terraza con vistas ao mar, onde tomar un aperitivo, ao lado de paseos contorneando praias e cantís. Conta con variedade de areais de area fina.

Uns son urbanos, con todo tipo de servizos, como Area Maior, ou máis naturais e despexados do barullo de bañistas, como As Torradas, O Riás, Seiruga, Beo. A maioría son aptas para a práctica do surf, tanto para expertos como para aprendices, que suman Malpica ao espazo veciño de Razo-Baldaio, convertido nun dos tramos de referencia galegos para os Beach Boys e o surf, ao ritmo de:

«If everybody had an ocean / across the Riás / Then everybody’d be surfin’ / like Californ-I-A…»

Punta Nariga

Se Malpica é un destino surfista, tamén é o inicio do Camiño dos Faros ata Fisterra. De feito, aquí naceu esta iniciativa e os seus tramos agora forman parte dese gran carreiro galaico do Camiño do Litoral. Por esta senda podemos achegarnos á igrexa de Santo Hadrián do Mar, ao moderno faro de Punta Nariga (obra de César Portela) e ao conxunto de muíños de Ardeleiro, que aproveitan un rego que desemboca en rochosa caída ao mar.

Surf en Malpica- Concello de Malpica

Malpica é un dos centros romeiros de Bergantiños, recibe un aluvión de peregrinos en xuño para honrar a Santo Hadrián do Mar, e é un dos portos xacobeos da Vía Céltica que recupera os camiños húmidos a Compostela. E non está de máis lembrar neste prólogo ao Ano Santo Xacobeo que foi unha das escalas do gran peregrino xacobeo veneciano Bortoló Fontana no seu orixinal periplo costeiro desde A Coruña a Muxía, para seguir posteriormente atravesando o Xallas cara á tumba do apóstolo.

LUGARES QUE NON PODES PERDER

Alén da súa riqueza natural, Malpica ofrece un valioso patrimonio histórico, cultural e etnográfico, non só na capital municipal. Na vila débese visitar a colección de pinturas de Urbano Lugrís na Casa do Pescador e camiñar polo paseo marítimo ata o miradoiro de Santo Hadrián. É patria de pandereteiras e canteiros, dos famosos oleiros de Buño e das redeiras que nos mostran o seu oficio nunha nave do porto. Vestixios do pasado son a Croa do Castro ou o dolmen Pedra da Arca.

Pedra da Arca

Se o seu nome soa a «mar levado» e «sardiñas do xeito», no seu interior garda tesouros de historia, arte e tradición como os lugares de Mens ou Buño. O Ecomuseo do Forno do Forte, na aldea oleira de Buño, permítenos coñecer como era a vida dos oleiros nunha vivenda e un taller orixinal, ou presenciar a Cocedura Tradicional, onde se enfornan as pezas feitas a man nun forno artesán elaborado para a ocasión seguindo as pautas que marca a tradición.

Forno do Forte- Concello de Malpica

O Centro Comarcal de Bergantiños, na mesma localidade, alberga tamén recursos da cultura oleira e mariñeira. É sede do GALP 3 Costa da Morte, unha iniciativa da Consellería de Pesca que apoia proxectos de investimento entre Caión e Muxía, con especial atención ao sector do mar.

O Concello de Malpica, baixo a marca Sinte Malpica, propón roteiros para coñecer paisaxes, praias e patrimonio, envoltos nun mar de sensacións (ule, mira, saborea, toca, escoita). Así, dentro do selo Mar de Sisargas, a web municipal mostra tres iniciativas de lecer: Illas Sisargas, o paraíso é o noso mar; Ao ritmo das ondas, actívate nas nosas praias; Un atardecer en Punta Nariga.

FESTAS E TRADICIÓNS

No ano da eclipse, Malpica é un dos puntos agraciados co premio da totalidade. Isto lémbranos a súa certificación como Destino Starlight, recoñecendo a calidade do seu ceo, libre de contaminación lumínica para os observadores de estrelas.

As súas festas populares, a tradición pesqueira e a hospitalidade dos seus veciños permiten ao visitante vivir unha experiencia auténtica. San Xián de Seaia hónrase nunhas festas moi concorridas que animan os primeiros días de xaneiro, despois de Nadal. Ao remate do ano, o 26 de decembro, celébrase Santo Estevo en Buño.

Pero ao longo do ano hai citas que non poden faltar na axenda: a Romaría de Santo Hadrián, as Festas do Mar ou o entroido. A Mostra da Olería de Buño alcanza este ano a súa XLI edición, consolidando o lugar como o gran referente da tradición oleira galega.

A feira —a finais de xullo e primeiros de agosto— é unha oportunidade para descubrir pezas únicas, procesos tradicionais e o valor dun patrimonio vivo, pero con novos obradoiros que renovan a oferta sen perder a súa esencia. Un evento para pasear, aprender, comprar artesanía, ver e sentir de preto aos últimos dun oficio milenario.

Torres de Mens- foto concello de Malpica

MENS. FRADES E SEÑORES

A parroquia agraria de Mens garda memoria de vellos señoríos, de monxes e de nobres. Foi mosteiro e concello xurisdicional. Dese legado quédanos a coidadosamente restaurada fortaleza das Torres de Mens (S. XV).

Rodeado por un recinto amurallado, o conxunto está formado pola vivenda e tres torres de planta cadrada. Na última planta dunha delas sobresae un balcón corrido de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra.

Baronía dos condes de Altamira, foi derrubado no 1467 durante a revolta Irmandiña. O actual propietario, Agustín Ordóñez, rehabilitou as torres en 1988, encargándolle a tarefa ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que polo seu meritorio labor recibiu o premio Europa Nostra en 1993.

O edificio está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC). Conta a lenda que había un paso secreto entre as Torres e a igrexa de Mens. É outra das xoias locais e un dos mellores exemplos do románico de Bergantiños.

Igrexa Santiago de Mens- Foto concello de Malpica

Na próxima igrexa de Santiago de Mens (s. XII), declarada Conxunto Histórico Artístico, observamos as pegadas das súas tres fases de construción. Da primeira, prerrománica, consérvanse as tres naves. Da época románica mantéñense as ábsidas e, da última fase, de estilo barroco, é a remodelación da fachada principal.

As ábsidas mostran toda unha escola de motivos do románico. Sorpréndenos a beleza dos canzorros, con figuras de animais ou humanas (acróbatas, bailarinas), dos mellores canteiros saídos aos nosos campos desde o gran centro artístico compostelán.

No interior, destacan as pinturas e os capiteis decorados, a imaxe de Santiago peregrino en madeira e unha ara precristiá no altar da ábsida sur.

Formou parte dun antigo mosteiro beneditino que se remonta ao século X, do mesmo xeito que un grupo de pequenos cenobios que convertían a costa entre Caión e Muxía nunha auténtica «ribeira sacra».

Olería de Buño

BUÑO, A RESISTENCIA DUN POBO OLEIRO

Buño é o gran pobo oleiro de Galicia. De pais a fillos foise transmitindo unha tradición que hoxe segue viva, conserva un fato de rodas aínda virando, resistindo a vaga dos novos tempos.

Aínda no pasado século, os mesmos poteiros ían polas feiras do país vendendo as súas cuncas, fontes e potas. Realas de xalleiros polos montes ou pataches polo mar adiante levaban a destinos máis lonxanos os canastros ateigados de pezas.

A centenaria cerámica de Buño é unha das tradicións artesanais máis antigas e aprezadas de Galicia. A evidencia documental máis antiga data de finais do século XVII, cando Buño xa era coñecido polas súas cerámicas de alta calidade, ben para o uso doméstico ou en obras públicas.

Os vellos mestres conservaron técnicas e estilos tradicionais que chegaron aos nosos días. As pezas de Buño eran principalmente utilitarias, destinadas ao uso diario na cociña e o fogar.

Hoxe convertidas nun legado que non pode morrer, en boa parte como elementos decorativos, mostras de artesanía para agasallos, pezas artísticas de formas renovadas; pero tamén servindo nas cociñas e nas mesas como antano.

No mes de agosto celébrase a Mostra da Olería de Buño, organizada pola Asociación Oleira de Buño.

Unhas xornadas para crear comunidade, poñer en común coñecementos e intereses e gozar do esforzo común utilizando un forno de tipo romano do século XVIII.

Olería de Buño- Oleiros RRSS

VERSIÓN EN CASTELLANO

MALPICA: MEMORIA DE BALLENAS Y OLAS DE BARRO

El Ayuntamiento de Malpica de Bergantiños, en la provincia de La Coruña, se sitúa en plena Costa da Morte, una de las zonas más emblemáticas y espectaculares del litoral gallego, potenciada ahora dentro de una gran ruta costera autonómica. A 50 kilómetros de la capital provincial, conectada por la AC-418 y la autopista AG-55 (30 km), dispone de servicios de autobús de la empresa Arriva desde la ciudad herculina y desde Santiago de Compostela.

El Camino del Litoral es una senda costera que recorre Galicia y por Malpica discurren nada menos que tres etapas. La etapa 19 une los puertos de tradición ballenera de Caión y Malpica a lo largo de 29,98 kilómetros. La etapa 20 bordea el escarpado litoral del municipio hasta la playa de Barizo, con un recorrido de 15,08 kilómetros. La etapa 21 parte desde este entorno hacia Ponteceso, abarcando 24,13 kilómetros.

La nueva ruta aprovecha caminos ya existentes para vertebrar la fachada marítima y poner en valor su patrimonio natural, cultural y paisajístico. Los primeros trabajos sobre el terreno incluyen la instalación de la señalización específica del recorrido y actuaciones de acondicionamiento para garantizar la continuidad y la seguridad del trazado.

Desde este verano la ruta ya está operativa, coincidiendo con la puesta en marcha de una aplicación móvil que sirve de guía para los usuarios. La aplicación Camino del Litoral ofrece información detallada de cada tramo, recursos turísticos y referencias al patrimonio natural y cultural de la costa. También incorpora datos sobre los bienes incluidos en el catálogo elaborado por la Xunta tras asumir las competencias sobre el litoral.

Si los límites de esta singular comarca oficiosa son objeto de debate, todos coinciden en señalar las Illas Sisargas de Malpica como uno de sus principales referentes geográficos. Islas refugio de náufragos y balleneros, primero de vigías medievales que observaban el paso de los cetáceos o alertaban de los peligros del mar y, más tarde, de fareros desde mediados del siglo XIX.

Costa da Malpica

Legendario archipiélago representado en los grandes mapas de los principales cartógrafos, forma parte de la leyenda áurea de la costa como Caesarias, las islas de César (Julio César pasó junto a ellas camino de Brigantium), o como refugio de los últimos templarios.

Centrándonos en la crónica cierta, verificable —y poco conocida—, sabemos que en ellas fueron desembarcados náufragos y heridos de la Armada Invencible. Fueron las últimas costas de España que contempló Juan Sebastián Elcano durante la expedición coruñesa a las Especias, en la que encontró la muerte. Y sabemos también que Malpica fue uno de los grandes puertos balleneros de Galicia, como recuerdan en sus jornadas divulgativas colectivos como Mallas de Area (Memoria de xigantes. A cultura da balea) o los frescos que Urbano Lugrís realizó para la cofradía de pescadores.

La tradición ballenera de Malpica está unida a la de Caión, tanto como asentamiento de vascos y cántabros en los inicios de esta actividad como por haber sido cuna de una flota local de patrones de la chalupa vasca, recuperada por mi buen amigo Daniel Anido. El propio Cosme de Médici, durante su peregrinación a Compostela, envió emisarios a estas tierras (Magalotti y Baldi) para interesarse por la captura de ballenas en el mar de las Sisargas.

Se trata de una actividad destacada asimismo por algunos de nuestros grandes cronistas y geógrafos, como el licenciado Molina, José Cornide o Jerónimo del Hoyo. José Mas convirtió a Malpica en el escenario principal de su novela La Costa de la Muerte.

Este municipio destaca por la belleza de sus paisajes, enfrentados a la fuerza del Atlántico, y por una arraigada tradición marinera que sigue muy presente en la vida cotidiana de sus habitantes. Su puerto pesquero, uno de los más importantes de la comarca, fue durante siglos el motor económico de la localidad y continúa siendo un símbolo de la identidad de Malpica gracias a la intensa actividad de su lonja. La labor de destacados restauradores complementa la oferta gastronómica y de ocio, otorgando merecida fama a la villa y a otros enclaves próximos. Las sardinas capturadas con cerco y con xeito, así como los percebes de Barizo, figuran entre los grandes tesoros de sus mares.

Casa do concello de Malpica

La proximidad a La Coruña y su condición de puerta de entrada a las excursiones por el litoral de Bergantiños convierten a Malpica en un destino estival muy demandado. Buena parte del casco urbano se ha transformado en una gran terraza con vistas al mar, donde disfrutar de un aperitivo junto a paseos que recorren playas y acantilados. Cuenta con una amplia variedad de arenales de arena fina.

Algunos son urbanos y disponen de todo tipo de servicios, como Area Maior; otros son más naturales y alejados del bullicio de los bañistas, como As Torradas, O Riás, Seiruga o Beo. La mayoría son aptos para la práctica del surf, tanto para expertos como para principiantes, integrando a Malpica en el espacio vecino de Razo-Baldaio, convertido en uno de los grandes referentes gallegos de este deporte, al ritmo de los Beach Boys:

«If everybody had an ocean / across the Riás / Then everybody’d be surfin’ / like Californ-I-A…»

Si Malpica es un destino para surfistas, también constituye el inicio del Camino de los Faros hasta Fisterra. De hecho, esta iniciativa nació aquí y sus etapas forman ahora parte de ese gran sendero gallego que es el Camino del Litoral. A través de este recorrido podemos acercarnos a la iglesia de Santo Hadrián do Mar, al moderno faro de Punta Nariga —obra del arquitecto César Portela— y al conjunto de molinos de Ardeleiro, que aprovechan un arroyo que desemboca en una abrupta caída rocosa sobre el mar.

Malpica es uno de los principales centros de peregrinación de Bergantiños. Cada mes de junio recibe una multitud de romeros que acuden a honrar a Santo Hadrián do Mar y constituye, además, uno de los puertos jacobeos de la Vía Céltica, que recupera los caminos marítimos hacia Compostela. Tampoco está de más recordar, en este prólogo al Año Santo Jacobeo, que fue una de las escalas del gran peregrino veneciano Bartolomeo Fontana en su singular periplo costero desde La Coruña hasta Muxía, antes de atravesar posteriormente la comarca del Xallas camino de la tumba del Apóstol.

Pedra da Arca

LUGARES QUE NO PUEDES PERDER

Además de su riqueza natural, Malpica ofrece un valioso patrimonio histórico, cultural y etnográfico, no solo en la capital del municipio. En la villa merece la pena visitar la colección de pinturas de Urbano Lugrís en la Casa del Pescador y recorrer el paseo marítimo hasta el mirador de Santo Hadrián. Es tierra de pandereteras y canteros, de los célebres alfareros de Buño y de las rederas, que muestran su oficio en una nave del puerto. Testigos de su pasado son también el castro de A Croa y el dolmen de Pedra da Arca.

Si su nombre evoca el mar embravecido y las sardinas capturadas con xeito, su interior atesora auténticas joyas de la historia, el arte y la tradición, como las localidades de Mens y Buño. El Ecomuseo del Forno do Forte, en la aldea alfarera de Buño, permite conocer cómo era la vida de los alfareros en una vivienda y un taller originales, además de presenciar la Cocción Tradicional, durante la que las piezas elaboradas a mano se cuecen en un horno artesanal construido para la ocasión siguiendo las pautas heredadas de la tradición.

El Centro Comarcal de Bergantiños, situado también en Buño, reúne recursos relacionados con la cultura alfarera y marinera. Asimismo, es la sede del GALP 3 Costa da Morte, una iniciativa de la Consellería do Mar que apoya proyectos de inversión entre Caión y Muxía, con especial atención al sector pesquero.

El Ayuntamiento de Malpica, bajo la marca Siente Malpica, propone diferentes rutas para descubrir paisajes, playas y patrimonio, envueltos en un mar de sensaciones: huele, mira, saborea, toca y escucha. Bajo el sello Mar de Sisargas, la página web municipal presenta tres propuestas de ocio: Illas Sisargas, o paraíso é o noso mar; Ao ritmo das ondas, actívate nas nosas praias; Un atardecer en Punta Nariga.

Area Maior – Malpica

FIESTAS Y TRADICIONES

En el año del eclipse, Malpica figura entre los lugares privilegiados desde los que podrá contemplarse la totalidad del fenómeno. Esta circunstancia viene a reforzar su reconocimiento como Destino Starlight, una certificación que acredita la calidad de su cielo y la escasa contaminación lumínica para la observación de las estrellas.

Sus fiestas populares, la tradición pesquera y la hospitalidad de sus vecinos permiten al visitante disfrutar de una experiencia auténtica. San Julián de Seaia celebra sus concurridas fiestas en los primeros días de enero, una vez finalizada la Navidad. Al término del año, el 26 de diciembre, Buño honra a Santo Estevo.

Pero a lo largo del calendario hay citas imprescindibles: la Romería de Santo Hadrián, las Festas do Mar o el Carnaval. La Mostra da Olería de Buño alcanza este año su cuadragésima primera edición, consolidando a la localidad como el gran referente de la tradición alfarera gallega.

La feria, que se celebra entre finales de julio y comienzos de agosto, constituye una magnífica oportunidad para descubrir piezas únicas, conocer los procesos tradicionales y valorar un patrimonio vivo que incorpora nuevos talleres capaces de renovar la oferta sin perder su esencia. Es una cita para pasear, aprender, adquirir artesanía y contemplar de cerca el trabajo de los últimos representantes de un oficio milenario.

MENS. FRAILES Y SEÑORES

La parroquia rural de Mens conserva la memoria de antiguos señoríos, de monjes y de nobles. Fue monasterio y también cabeza de una jurisdicción señorial. De aquel legado permanece la cuidadosamente restaurada fortaleza de las Torres de Mens (siglo XV).

Rodeado por un recinto amurallado, el conjunto está formado por la vivienda principal y tres torres de planta cuadrada. En la última planta de una de ellas destaca un balcón corrido de madera, sustentado sobre ménsulas de piedra.

Perteneciente al señorío de los condes de Altamira, el castillo fue derribado en 1467 durante la revuelta Irmandiña. Su actual propietario, Agustín Ordóñez, impulsó su rehabilitación en 1988, encargando el proyecto al arquitecto Manuel Gallego Jorreto, cuyo trabajo fue reconocido con el premio Europa Nostra en 1993.

El edificio está catalogado como Bien de Interés Cultural (BIC). Cuenta la leyenda que existía un pasadizo secreto entre las Torres y la iglesia de Mens. Esta última constituye otra de las grandes joyas del municipio y uno de los mejores ejemplos del románico de Bergantiños.

En la cercana iglesia de Santiago de Mens (siglo XII), declarada Conjunto Histórico-Artístico, pueden apreciarse las huellas de sus tres fases constructivas. De la primera, prerrománica, se conservan las tres naves; de la etapa románica permanecen los ábsides, mientras que la fachada principal corresponde a la remodelación barroca.

Los ábsides muestran un extraordinario repertorio de motivos románicos. Llama especialmente la atención la belleza de los canecillos, decorados con figuras de animales y personajes humanos —acróbatas, bailarinas—, obra de algunos de los mejores canteros formados en el gran foco artístico compostelano.

En el interior destacan las pinturas murales, los capiteles decorados, la imagen en madera de Santiago peregrino y un ara precristiana situada en el altar del ábside sur.

La iglesia formó parte de un antiguo monasterio benedictino cuyos orígenes se remontan al siglo X, al igual que otros pequeños cenobios que convertían la costa comprendida entre Caión y Muxía en una auténtica «Ribeira Sacra» del litoral.

BUÑO, LA RESISTENCIA DE UN PUEBLO ALFARERO

Buño es el gran pueblo alfarero de Galicia. De padres a hijos se ha transmitido una tradición que hoy continúa viva, conservando todavía un buen número de tornos en funcionamiento, resistiendo el paso del tiempo y los cambios de la sociedad.

Todavía en el siglo pasado eran los propios alfareros quienes recorrían las ferias de Galicia vendiendo sus cuencos, fuentes y ollas. Las recuas de arrieros por los caminos o los pequeños veleros de cabotaje llevaban aquellos cestos repletos de piezas hasta destinos mucho más lejanos.

La centenaria cerámica de Buño constituye una de las tradiciones artesanales más antiguas y apreciadas de Galicia. La referencia documental más antigua data de finales del siglo XVII, cuando Buño ya era conocido por la calidad de sus cerámicas, utilizadas tanto en el ámbito doméstico como en obras públicas.

Los viejos maestros conservaron técnicas y estilos tradicionales que han llegado hasta nuestros días. Las piezas de Buño tenían un carácter fundamentalmente utilitario y estaban destinadas al uso cotidiano en la cocina y en el hogar.

Hoy ese legado, que no debe desaparecer, pervive en gran medida como elemento decorativo, pieza artesanal para regalo o creación artística de formas renovadas, aunque muchas de sus obras siguen cumpliendo la misma función de antaño en cocinas y mesas.

Durante el mes de agosto se celebra la Mostra de Olería de Buño, organizada por la Asociación Oleira de Buño.

Estas jornadas sirven para crear comunidad, compartir conocimientos e intereses y disfrutar del esfuerzo colectivo utilizando un horno de tipo romano del siglo XVIII, recuperando una forma de cocción que mantiene viva una tradición artesanal transmitida de generación en generación.

Illas Sisargas- Foto concello de Malpica

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos