A Laracha: Monxes, templarios e baleas

O concello da Laracha, situado na provincia da Coruña, é a porta de entrada á Costa da Morte. Este concello destaca pola súa combinación de paisaxes naturais, patrimonio histórico e tradicións, ofrecendo aos seus veciños e visitantes unha ampla variedade de lugares para descubrir.

A Laracha esténdese desde o mar de Caión, que une o golfo Ártabro coa Costa da Morte, ata a zona montañosa de Soandres e Montemaior. Moi ben conectada polas dúas entradas da autoestrada AG-55 coa Coruña e o seu aeroporto de Alvedro (a 24 km), Santiago encóntrase a 45 km. A Laracha está formada por 13 parroquias e conta cunha poboación que mantén vivos os costumes e o espírito acolledor característicos de Galicia.

Vista de Caión- Foto Lema

As súas praias, ríos, bosques, igrexas, mosteiros e festas populares reflicten a riqueza cultural e histórica do concello. Ademais, o compromiso do Concello coa conservación do patrimonio e a promoción do turismo sostible converteu a Laracha nun destino cada vez máis atractivo para os visitantes, que contan cunha boa oferta de ocio e servizos.

Laracha percórrese penas arriba, en busca de montañas, historia e tradición, ou por unha costa de cantís e praias formidables. Un carreiro litoral atravesa a súa cara mariña cara ao espazo natural de Razo-Baldaio.

Vista da vila de Caión
Outra vista de Caión- Foto Lema

Caión non só é un espello das vilas mariñeiras tradicionais da Costa da Morte, historicamente pegadas aos oficios da pesca, senón un pedazo da crónica da costa galega. Atalaia dun importante enclave baleeiro, cuxo pasado podemos admirar no seu Museo do Arquivo da Pesca, custodia no seu tramo litoral o rico patrimonio submarino de tantos naufraxios.

Do seu porto saían bateis para aprovisionar as armadas de guerra do rei, como a propia Armada Invencible, ou as frotas de Indias do breve intento da Casa de Contratación coruñesa, propiciada por un dos señores con bens nestes fundos, o conde de Andrade. A Casa de Traba apadriñou o monacato, o rico románico local e o Temple, cuxa principal encomenda no oeste galaico estaba en territorio da Laracha, en San Xián de Lendo, en contacto coas posesións da ría coruñesa e con bens propios en Bergantiños (Cances, Mens). Frei Xoán de Lendo era o seu comendador en 1241, ao que albiscamos nun exercicio de imaxinación paseando polos verdes prados coa súa capa branca e a súa cruz ancorada vermella.

A visita do rei Afonso IX en 1228 marca a importancia do centro e a existencia dunha casa grande señorial para albergar a súa comitiva. En 1312 o papa disolve a Orde e xa desde esa data non temos constancia da pervivencia desta encomenda local. A igrexa conserva restos románicos e é de visita obrigada para os moitos interesados na historia templaria.

San Xián de Lendo- Foto Turismo de Galicia

Non só monxes, templarios e reis percorreron a patria do actor «arxentino» Enrique Muiño ou do historiador franciscano Lino Gómez Canedo. Personaxes históricos e grandes viaxeiros pisaron o po dos milenarios camiños da Laracha. Afonso IX chegou desde a ría de Camariñas e Laxe á encomenda de Lendo. Desde o Adriático ao golfo Ártabro vén o humanista xacobeo Bartoló Fontana en 1539 en demanda de Malpica, Muxía e Compostela. Abre así unha vía peregrina similar á doutros ilustres como Querini ou Küning. De feito, o Camiño Inglés conta cunha variante local interior e a Vía Céltica suma Caión a posibles portos de entrada polos roteiros húmidos. Ruth Matilda Anderson, nas súas viaxes de ida e volta, non deixou de disparar, hai un século, a súa cámara ás labregas e nenas pastoras das aldeas da Laracha.

Castro de Montes Claros
Castro de Montes Claros- Foto Lema

A Laracha é historia e arte. O megalitismo áchase presente en dolmens e mámoas de Lendo, Lestón, Coiro, Montemaior, Soandres, Erboedo e Lemaio, ou na singular Pedra Fita do Loureiro de Erboedo. Dezanove castros esténdense polas parroquias do concello.

O de Montes Claros é obxecto dunha campaña arqueolóxica sostida no tempo que o coloca entre as grandes citanias da provincia, formando un tridente que está a cambiar a noción da Idade do Ferro galaica, xunto aos de As Barreiras de Vimianzo e o pioneiro no estudo metódico, o de Borneiro. O paso da Vía Per Loca Maritima fala de restos romanos, como o miliario de Vilaño ou a ara votiva de Soandres a Hércules Xónico.

Esta peza demostra o sincretismo relixioso da terra, o asentamento de capas sobre capas de historia en espazos rituais antigos aproveitados polo primeiro cristianismo para asentar as bases da nosa era.

San Pedro de Soandres- Turismo de Galicia

O mosteiro de San Pedro de Soandres ocupou así un espazo sacro dos primeiros galaicos, logo romanizado, para converterse nun dos grandes centros relixiosos e económicos de Bergantiños. Á pervivencia do románico en varios templos locais engadimos os capiteis prerrománicos de Lemaio, outro dos elementos artísticos senlleiros da Laracha; por iso falamos dun concello de contrastes (mar-monte, urbano-rural), cheo de elementos característicos en todos os campos que revalorizan o seu patrimonio.

Festas dos Milagros de Caión

FESTAS E TRADICIÓNS

As festas populares son unha parte esencial da vida larachesa, onde se unen a devoción relixiosa, a cultura e a diversión. A Oficina de Turismo da casa consistorial, Turismo da Laracha no portal do Concello da Laracha ou Turismo de Galicia prestan información sobre novidades e servizos.

  • Romaría de Nosa Señora dos Milagres de Caión: celébrase cada 8 de setembro, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Reúne a milleiros de persoas nun ambiente festivo e tradicional.
  • Feira das Cereixas de Paiosaco: unha cita imprescindible a primeiros de xullo para desfrutar deste delicioso froito e de actividades culturais e gastronómicas.
  • Festas patronais da Laracha: na honra de San Salvador, celébranse en agosto con festivais, concertos e eventos para todas as idades.
  • Romaría de Santa Margarida: tradición e devoción cada 13 de xullo no santuario de Montemaior, con misa solemne e romaría.
Gabenlle- Foto Lema

LUGARES QUE NON PODES PERDER

  • Praia de Caión: unha longa praia de area branca e fina, ideal para desfrutar do mar, pasear polo seu paseo marítimo ou practicar surf e outros deportes acuáticos.
  • Paseo Fluvial de Gabenlle: espazo natural na parroquia de Torás, de 2,5 km, ideal para camiñar rodeado de vexetación, muíños e pontes de pedra. Praia fluvial e área recreativa dotada de servizos.
  • Miradoiro de Santa Marta: no monte do mesmo nome, espazo natural con área de recreo recuperada polo Concello a 432 metros de altitude, con impresionantes vistas.
  • Santuario de Santa Margarida de Montemaior: situado nun contorno privilexiado, é un lugar de gran devoción e tradición, rodeado de frondosos bosques e rutas de sendeirismo.
  • Mosteiro de San Pedro de Soandres: de orixe medieval, este mosteiro é un dos complexos relixiosos máis importantes da comarca de Bergantiños, cunha arquitectura impresionante e un rico patrimonio histórico.

VERSIÓN EN CASTELLANO

A Laracha: Monjes, templarios y ballenas

l Concello de Laracha, situado en la provincia de A Coruña, es la puerta de entrada a la Costa da Morte. Este municipio destaca por la combinación de sus paisajes naturales, su patrimonio histórico y sus tradiciones, ofreciendo a vecinos y visitantes una amplia variedad de lugares para descubrir. Laracha se extiende desde el Mar de Caión, que une el Golfo Artabro con la Costa da Morte, hasta la zona montañosa de Soandres y Montemaior. muy bien conectada por las dos entradas de la autopista AG55 con A Coruña y su aeropuerto de Alvedro (a 24 km). Santiago se encuentra a 45 km. Laracha está formado por 13 parroquias y cuenta con una población que mantiene vivas las costumbres y el espíritu acogedor característicos de Galicia. Sus playas, ríos, bosques, iglesias, monasterios y fiestas populares reflejan la riqueza cultural e histórica del municipio. Además, el compromiso del Concello con la conservación del patrimonio y la promoción del turismo sostenible ha convertido a A Laracha en un lugar cada vez más atractivo para visitantes que cuentan con una buena oferta de ocio y de servicios.

Laracha se recorre peñas arriba, en busca de montañas, historia y tradición, o por una costa de cantiles y playas formidables. Un sendero litoral atraviesa su cara marina hacia el espacio natural de Razo-Baldaio. Caión no solo es un espejo de las villas marineras tradicionales de la Costa da Morte, históricamente pegadas a los oficios de la pesca, sino un pedazo de la crónica de la costa gallega. Atalaya de un importante enclave ballenero, cuyo pasado podemos admirar en su Museo del Archivo de la Pesca, custodia en su tramo litoral el rico patrimonio submarino de tantos naufragios.

De su puerto salían bateles para aprovisionar las armadas de guerra del rey, como la misma Invencible, o las flotas a Indias del breve intento de la Casa de Contratación coruñesa, propiciada por uno de los señores con bienes en estos fundos, el conde de Andrade. La Casa de Traba apadrinó el monacato, el rico románico local y al Temple, cuya principal encomienda en el oeste galaico estaba en territorio de Laracha, San Xián de Lendo, en contacto con las posesiones de la ría coruñesa y con bienes propios en Bergantiños (Cances, Mens). Frei Juan de Lendo era su comendador en 1241, al que vislumbrados en un ejercicio de imaginación paseando por los verdes prados con su capa blanca y su cruz ancorada roja. La visita del rey Alfonso IX en 1228 marca la importancia del centro, la existencia de una casa grande señorial para albergar a su comitiva. En 1312 el papa disuelve la Orden y ya desde esa fecha no tenemos constancia de la pervivencia de esta encomienda local. La iglesia conserva restos románicos y es de visita obligada para los muchos interesados en la historia templaria.

Caión

No solo monjes, templarios y reyes recorrieron la patria del actor «argentino» Enrique Muiño o del historiador franciscano Lino Gómez Canedo. Personajes históricos y grandes viajeros pisaron el polvo de los milenarios caminos de Laracha. Alfonso IX llegó desde la ría de Camariñas y Laxe a la encomienda de Lendo. Desde el Adriático al Golfo Artabro vino el humanista jacobeo Bortoló Fontana en 1539 en demanda de Malpica, Muxía, Compostela. Abre así una vía peregrina similar a la de otros ilustres como Querini o Kuning. De hecho, el Camino Inglés cuenta con una variante local interior y la Vía Céltica suma Caión a posibles puertos de entrada por las rutas húmedas. Ruth Matilda Anderson en viajes de ida y vuelta hace un siglo no dejó de disparar su cámara a las labradores y niñas pastoras de las aldeas de Laracha.

Laracha es Historia y Arte. El megalitismo se halla presente en dólmenes y mámoas de Lendo, Lestón, Coiro, Montemaior, Soandres, Erboedo, Lemaio. o la singular Pedra Fita de O Loureiro de Erboedo. 19 castros se extienden por las parroquias del concello. El de Montesclaros es objeto de una campaña arqueológica sostenida en el tiempo que lo coloca entre las grandes citanias de la provincia, formando un tridente que está cambiando la noción de la Edad del Hierro galaica, junto a los de As Barreiras de Vimianzo y el pionero en el estudio metódico, el de Borneiro.

El paso de la Vía Per Loca Marítima habla de restos romanos, como el miliario de Vilaño o el ara votiva de Soandres a Hércules Jónico. Esta pieza demuestra el sincretismo religioso de la tierra, el asentamiento de capas sobre capas de Historia en espacios rituales antiguos aprovechados por el primer cristianismo para asentar las bases de nuestra era. El monasterio de San Pedro de Soandres ocupó así un espacio sagrado de los primeros galaicos, luego romanizado, para convertirse en uno de los grandes centros religiosos y económicos de Bergantiños. A la pervivencia del románico en varios templos locales añadimos los capiteles prerrománicos de Lemaio, otro de los elementos artísticos «senlleiros» de Laracha; por eso hablamos de un concello de contrastes (mar-monte, urbano-rural) lleno de elementos característicos en todos los campos que revalorizan su patrimonio.

FIESTAS Y TRADICIONES

Las fiestas populares son una parte esencial de la vida en Laracha, donde se mezcla la religiosidad, la cultura y la diversión. La Oficina de Turismo en la casa consistorial, Turismo de Laracha en el portal Concello de Laracha o en Turismo de Galicia prestan información de novedades y servicios.

-Romaría de Nosa Señora dos Milagros de Caión: celebrada cada 8 de septiembre, declarada fiesta de Interés Turístico de Galicia. Reúne a miles de personas en un ambiente festivo y tradicional.

-Feira das Cereixas de Paiosaco: una cita imprescindible a primeros de julio para disfrutar de este delicioso fruto y de actividades culturales y gastronómicas.

-Fiestas patronales de Laracha: en honor a San Salvador, se celebran en agosto con verbenas, conciertos y eventos para todas las edades.

-Romaría de Santa Margarida: tradición y devoción cada 13 de julio en el santuario de Montemaior, con misa solemne y romería.

zona recreativa de Gabenlle- foto Lema

LUGARES QUE NO TE PUEDES PERDER

-Playa de Caión: extensa playa de arena blanca y fina, ideal para disfrutar del mar, pasear por su paseo marítimo o practicar surf y otros deportes acuáticos

-Paseo Fluvial de Gabenlle: es un espacio natural en la parroquia de Torás de 2,5 km perfecto para caminar rodeado de vegetación, molinos y puentes de piedra. Playa fluvial, área recreativa dotada de servicios.

-Mirador de Santa Marta. En el monte del mismo nombre, espacio natural con área de recreo recuperados por el Concello a 432 metros con impresionantes vistas.

-Santuario de Santa Margarida de Montemaior: situado en un entorno privilegiado, es un lugar de gran devoción y tradición, rodeado de frondosos bosques y rutas de senderismo.

-Monasterio de San Pedro de Soandres: de origen medieval, este monasterio es uno de los conjuntos religiosos más importantes de la comarca de Bergantiños.

Mosteiro de Soandres- foto Concello da Laracha
Capela Santa Margarita de Montemaior- Foto concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos