Laxe é unha vila mariñeira típica da Costa da Morte que segue mantendo a súa frota tradicional, pero ademais conserva un casco histórico con elementos singulares —como a Casa do Arco ou a igrexa de Santa María da Atalaia— e unha das máis fermosas estampas do litoral, un alongado casal sobre unha extensa praia dourada.

Tan dourada que nas súas areas brillan partículas de ouro; unhas areas que se moven en caprichosas dunas empuxadas polo vento favonio, ocupando o espazo dos paseos ou, máis ben, son as terrazas urbanas as que quixeron gañarlle espazo ao areal.

Laxe enche as súas arterias con centos de visitantes durante a tempada estival, por ser un dos centros turísticos de sempre da zona, cando chegar á costa era unha aventura. Turistas do interior da provincia ou «madrileños» convertéronse en veciños e mercaron segundas residencias ás que acoden xa novas xeracións.

A vila renovou o seu atractivo ao converterse en plató de series de televisión e como etapa do exitoso Camiño dos Faros.
Outros alicientes completan un variado menú: a oferta hostaleira e gastronómica, o Museo do Mar, o surf, as festas do verán (Santa María o 15 de agosto), as romarías populares (Santa Rosa, A Cruz da Rosa, Os Milagres de Traba), os enclaves naturais (Lagoa de Traba).
E este ano, o territorio atópase na zona de influencia da eclipse solar total que terá lugar na tarde do 12 de agosto, coas súas altas atalaias e un horizonte aberto ao Atlántico, un dos mellores miradoiros naturais de Europa para observar este acontecemento.

O longo areal urbano é santo e sinal de Laxe, estendido aos pés da vila e dotado de todo tipo de servizos. Permite zonas de baño e concorrencia de amantes do sol con retirados «currunchos» para a soidade, animada pola beleza natural e refuxiada do vento.

O casco antigo permítenos pasear por estreitas rúas de vivendas mariñeiras e indianas, sentarnos en prazas cheas de historia, alcanzar a fermosa cota onde se asenta unha das xoias do gótico mariñeiro comarcal, Santa María da Atalaia.
Preto do lado norte da fermosa igrexa, nun patio privado, unha vella tumba lembra a Francesca Dovell, de 47 anos, e ao seu fillo Willy, de 12, náufragos do sinistro da bricbarca Adelaide, de Bristol, no areal laxeiro. Homenaxe dun esposo e pai, o desconsolado capitán William Dovell.

Tras a perda do veleiro, o mestre pasou varios meses paseando coa Biblia na man pola praia, falando coa súa amada entre «ondas, olgas e touliños». As pantasmas de nai e fillo deambulan sonámbulas nas noites de mar de ardora.

No centro da vila sitúase o Museo do Mar, na antiga Casa Cuartel da Garda Civil, un edificio con catro plantas dedicadas a exposicións permanentes. Aquí atopamos antigos mapas, maquetas de embarcacións e obxectos relacionados coa vida mariñeira, así como vellas fotografías. Laxe é a patria dun dos pioneiros retratistas galegos, Vidal, e o seu legado nutre en boa medida este espazo.

Laxe é unha terra amada polos nosos poetas. Pondal pasou moitas xornadas na vila visitando os seus parentes e atravesou os seus campos nos seus anos escolares camiño de Nemiña, e na súa mocidade en busca de cabos e naufraxios. Tamén Rosalía, acompañando as irmás do bardo á romaría de Muxía. Rosalía escoitaba e anotaba as cantigas e contos da súa criada de Laxe.
O rei Afonso IX pasou polas terras de Laxe na súa ruta desde Cereixo ata A Laracha en 1228. Parga Pondal e John Rosewarne estudaron os segredos do seu rico solo mineiro. A áurea Laxe foi branca de encaixes e caolín, de salgaduras e velas. Cornide, Martín Sarmiento e Domingo Fontán pisaron o po dos seus camiños; como aquel gran peregrino e escritor veneciano que foi Bartoló Fontana, quen pernoitou en Laxe chegando da Coruña e Malpica, antes de seguir cara a Ponte do Porto e Muxía, rumbo a Compostela pola ruta da costa.

Engadamos aos lugares de visita obrigada o miradoiro da Punta de Laxe e a famosa Praia dos Cristais. Unha cala onde o mar e o vento
foron convertendo os restos de botellas dun antigo vertedoiro en quebrazos que o sol acariña.

Un camiño desde o peirao lévanos ata a punta do Faro de Laxe, que forma parte da cuarta etapa do Camiño dos Faros, unha ruta a pé que percorre, de faro en faro, o treito comprendido entre Malpica e Fisterra. E, á acreditada ruta peregrina de Fontana, unimos agora a mención de «porto xacobeo» da Vía Céltica, recoñecida coa Compostela polo Arcebispado de Santiago.
Pedra Xestosa é unha estación de arte rupestre única na Costa da Morte pola súa complexidade e polas representacións de animais (unha escena de caza con trazos esquemáticos, unha borrosa figura de aparencia humana con varios cánidos). Esta historia milenaria complétase co dolmen da Fornela dos Mouros, datado entre o 2500 e o 2000 a. C., e co tramo amurallado do Castro de Castrelo, en Soesto, obxecto dunha escavación. Preto de Laxe aparece a area branca e fina da praia de Soesto, zona habitual para a práctica do surf nunha contorna natural. No lugar consérvase un fermoso pazo e foi patria de Hernando de Lema, un dos capitáns de cabalos de Hernán Cortés na toma de Tenochtitlán.

Laxe conta con tesouros naturais singulares. A Lagoa de Traba é o que podemos chamar unha «contorna paradisíaca». A lagoa trabeira é un dos principais refuxios de avifauna da provincia. Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), constitúe o Espazo Natural de Traba, formado por unha extensa praia de case dous quilómetros de lonxitude, que se estende entre a Punta de Arnado e a Punta de Traba, un amplo cordón dunar e unha lagoa natural. Beleza natural, cunha flora moi variada, reserva ornitolóxica e un paraíso para a observación de aves no seu hábitat natural.

Entre os tesouros ocultos propoñemos seguir a senda entre Mórdomo e Camelle, atravesando o abandonado casal baleeiro de Sabadelle. En Traba de Laxe viviu, durante o seu primeiro ano na nosa terra, un famoso artista anacoreta, Man o Alemán. Un día seguiu os romeiros que ían ao Espírito Santo de Camelle; o resto do relato é ben coñecido.

Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da comarca de Bergantiños, en pleno centro da Costa da Morte. O concello ten unha extensión de 34,1 km², distribuídos entre o núcleo de Laxe e as parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces e Traba. Laxe atópase a 67 km de Santiago de Compostela e a 68 km da Coruña.
O web https://turismolaxe.gal/ ofrece información moi completa de todos os recursos turísticos do concello.

Visita destacada- Os Penedos de Traba e Pasarela
Cantados polo bardo Pondal e coroados de antigos castelos e lendas, os Penedos de Traba e Pasarela son unha escola de historia natural e un máxico recreo dos sentidos; bosque pétreo de figuras dun retablo de granito rosado esculpido pola choiva de Pena Forcada e o vento salgado do mar trabeiro, xardín rochoso dun paraíso occidental de formas saídas do mesmo centro da terra para gozoso deleite da imaxinación.
TEXTO- Rafael Lema
Fotos- Xosé Manuel Lema a excepción das indicadas.

VERSIÓN EN CASTELLANO
«Arenas de oro esperando el eclipse»
Laxe es un pueblo pesquero típico de la Costa da Morte que sigue manteniendo su flota tradicional, pero además conserva un casco histórico con elementos singulares -como la Casa do Arco o la iglesia de Santa María de la Atalaya- y una de las más bellas estampas del litoral, un alargado casal sobre una extensa playa dorada. Tan dorada que en sus arenas brillan partículas de oro; unas arenas que se mueven en caprichosas dunas empujadas por el viento favonio, ocupando el espacio de los paseos, o más bien las terrazas urbanas quisieron ganarle espacio al arenal. Laxe llena sus arterias con cientos de visitantes en la temporada estival, por ser uno de los centros turísticos de siempre de la zona, cuando alcanzar la costa era una aventura. Turistas del interior de la provincia o «madrileños» se convirtieron en vecinos y compraron segundas residencias a las que acuden ya nuevas generaciones.
La villa renovó su atractivo al convertirse en plató de series de tv y como escala del exitoso Camiño dos Faros. Otros alicientes completan un variado menú: la oferta hostelera y gastronómica, el Museo do Mar, el surf, las fiestas de verano (Santa María el 15 de agosto), las romerías populares (Santa Rosa, A Cruz da Rosa, Os Milagros de Traba), los enclaves naturales (laguna de Traba). Y este año, el territorio se encuentra en la zona de influencia del eclipse solar total que ocurrirá la tarde del 12 de agosto, con sus altas atalayas y un horizonte abierto del Atlántico, uno de los mejores miradores naturales de Europa para observar este evento.

El largo arenal urbano es santo y seña de Laxe, extendido a los pies de la villa y dotado de todo tipo de servicios, permite zonas de baño y concurso de amantes del sol con retirados «currunchos» para la soledad animada por la belleza natural y refugiada del viento. El casco antiguo nos permite pasear por estrechas calles de viviendas marineras e indianas, sentarnos en plazas llenas de historia, alcanzar la bella cota donde se asienta una de las joyas del gótico marinero comarcal, Santa María de la Atalaya. Cerca del lado norte de la preciosa iglesia, en un patio privado, una vieja tumba recuerda a Francesca Dovell de 47 años y a su hijo Willy de 12, náufragos del siniestro de la bricbarca Adelaide de Bristol en el arenal laxeiro. homenaje de un esposo y padre, el desconsolado capitán William Dovell. Tras la pérdida del velero, el maestre pasó varios meses paseando biblia en mano por la playa, hablando con su amada entre «ondas, olgas e touliños». Los fantasmas de madre e hijo deambulan sonámbulos en las noches de mar de ardora.
En el centro de la villa se ubica el Museo do Mar, en la antigua Casa Cuartel de la Guardia Civil, un edificio con cuatro plantas dedicadas a exposiciones permanentes. Aquí encontramos antiguos mapas, maquetas de embarcaciones y objetos relacionados con la vida marinera, viejas fotografías. Laxe es la patria de uno de los pioneros retratistas gallegos, Vidal, y su legado nutre en buena parte el local.
Laxe es una tierra amada por nuestros poetas. Pondal pasó muchas jornadas en la villa visitando a sus parientes y atravesó sus campos en su años escolares camino de Nemiña, en sus años mozos en busca de cabos y naufragios. También Rosalía, acompañando a las hermanas del bardo a la romería de Muxía. Rosalia escuchaba y anotaba las cantigas y contos de su criada de Laxe. El rey Alfonso IX pasó por las tierras de Laxe en su ruta desde Cereixo a Laracha en 1228. Parga Pondal y John Rosewarne estudiaron los secretos de su rico suelo minero. La áurea Laxe fue blanca de encajes y caolín, de salazones y velas. Cornide, Martín Sarmiento, Domingo Fontán pisaron el polvo de sus caminos; como aquel gran peregrino y escritor veneciano que fue Bartoló Fontana, quien pernoctó en Laxe llegando de A Coruña y Malpica, antes de seguir a Ponte do Porto y Muxía, a Compostela por la ruta de la costa.

Añadamos a los lugares de visita obligada el mirador de Punta de Laxe y la famosa Praia dos Cristais. Una cala en donde el mar y el viento fueron convirtiendo los restos de botellas de un antiguo basurero en quebrazos que el sol acaricia. Un camino desde el muelle nos lleva a la punta del Faro de Laxe, que forma parte de la cuarta etapa del Camiño dos Faros, una ruta a pie que recorre de faro en faro de Malpica a Fisterra. Y, a la acreditada ruta peregrina de Fontana, unimos ahora la mención de «porto xacobeo» de la Vía Céltica, reconocida con la compostela por el Arzobispado de Santiago.
Pedra Xestosa es una estación de arte rupestre única en Costa da Morte por su complejidad y las representaciones animales (una escena de caza con trazos esquemáticos, una borrosa figura de apariencia humana con varios cánidos). Esta historia milenaria se completa con el dolmen Fornela dos Mouros, datado entre el 2500 y el 2000 a. C. y el tramo amurallado del Castro de Castrelo en Soesto, objeto de una excavación. Cerca de Laxe aparece la arena blanca y fina de la playa de Soesto, zona habitual para la práctica del surf en un entorno natural. En el lugar se conserva un bello pazo y fue patria de Hernando de Lema, uno de los capitanes de caballos de Hernán Cortés en la toma de Tenochtitlán.
Laxe cuenta con tesoros naturales singulares. La Lagoa de Traba es lo que podemos llamar un «entorno paradisíaco». La laguna trabeira es uno de los principales refugios de avifauna de la provincia. Lugar de Interés Comunitario (LIC) y Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA). Es el Espacio Natural de Traba, formado por una extensa playa de casi dos kilómetros de longitud, que se extiende entre la Punta de Arnado y la Punta de Traba, un amplio cordón dunar y una laguna natural. Belleza natural de una flora muy variada, reserva ornitológica y un paraíso para la observación de aves en su hábitat natural. Entre los tesoros ocultos ofrecemos seguir la senda entre Mórdomo y Camelle, atravesando el abandonado casal ballenero de Sabadelle. En Traba de Laxe vivió en su primer año en nuestra tierra un famoso artista anacoreta, Man o Alemán. Un día siguió a los romeiros que iban al Espíritu Santo de Camelle, el resto del relato es bien conocido.
Laxe está situado en el noroeste de Galicia, en el extremo occidental de la Comarca de Bergantiños, en pleno centro de A Costa de la Muerte. El ayuntamiento tiene una extensión de 34,1 km² distribuidos entre el núcleo de Laxe y las parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces y Traba. A Laxe desde Santiago de Compostela tenemos 67 Km. Desde A Coruña, 68 Km.


