Qué ver en Santa Comba en un día

Ruta natural y cultural por Santa Comba. Texto- Xosé Manuel Lema- Fotografías- Lorena Blanco

Iniciamos nuestro recorrido en un punto simbólico y al mismo tiempo muy recomendable, el nacimiento del Río Xallas, en el Monte Castelo, en parroquia de Bazar.

En este entorno está el Castro de Turnes y muy cerca se encuentra “Villa Regina, una aula de la naturaleza creada por una mujer emprendedora, también muy conocida por su faceta de poeta, Regina Muñiz.

Estamos en A Castiñeira. “Villa Regina” es un pequeño paraíso en donde conviven animales con plantaciones de hierbas aromáticas, frutas y toda la esencia del medio rural en una vivienda típica, con sus aperos y otros elementos. Las visitas guiadas (para escolares y demás personas curiosas) por Regina, son un viaje cubierto de versos y leyendas.

El Río Xallas nos guía hacia un punto ideal para ver sus aguas redoblar en tambores de piedra. El río Mira, afluente de nuestro río identitario, eclosiona en A Fervenza de Castriz, otro punto de visita obligado. La rehabilitación, hace años, de los molinos y las mejoras realizadas en el entorno, aumentaron notablemente la potencialidad turística de este espacio, que se complementa con una interesante variedad de flora y fauna.

Nuestra ruta es limitada temporalmente pero antes o después de ir a la Fervenza, podrías dedicar unos minutos a contemplar el “Cristo Sonriente” de Castriz, un cruceiro muy curioso y poco habitual. En este artículo, Rafael Lema seguramente te despierte la curiosidad.

Esta parroquia tiene especial relevancia histórica. La iglesia de San Pedro de Xallas de Castriz, de estilo barroco, se asienta en lo que antaño fue un punto neurálgico de poder en este territorio.

La tradición minera no puede apartarse y en la zona de Varilongo aun quedan testimonios de ese pasado. También en estos artículos que recopilamos para ti.

El gran mercado del wolframio en Santa Comba

De las Minas de Varilongo al puerto de Vigo

El oro negro de Hitler. Espías y volframio en Galicia

En la parroquia de Freixeiro nos espera una joya románica, la iglesia de San Fiz (San Félix), datada entre los siglos XII o XIII, aunque sufrió reformas. En esta misma parroquia, en el lugar de Carboeiro se encontraba un Hospital de peregrinos.

Estamos a unos kilómetros de la capital municipal. Santa Comba, pueblo muy enclavado geográficamente. Allí nos recibe la Santa presidiendo una rotonda.

En Santa Comba reponemos fuerzas. La oferta gastronómica es variada. Muy popular el Retiro da Costiña, con dos Estrellas Michelín pero hay un amplio surtido de establecimientos hosteleros que no nos defraudarán.

En el Museo Terra do Xallas tenemos una excelente oportunidad para recabar información, reorganizar la ruta y aumentar nuestra experiencia. Se ubica en una casa señorial conocida como “Casa do Pozo”. En sus instalaciones está la Oficina Municipal de Turismo (contacto 663 728 968 ). Una visita guiada con el dinamizador José Manuel Vázquez sería unha opción perfecta.

Esta construcción acoge piezas prehistóricas de miles de años de antigüedad, lápidas romanas o un nacimiento de origen medieval. Diferentes tesoros etnográficos y una exposición fotográfica. Totalmente recomendable.

GDR Terras de Compostela

Hemos visitado varios puntos de interés pero (aunque eso depende de cada persona) todavía nos quedan unas horas de luz en esta tarde de verano.

Visitamos los Molinos de A Pereira, en el río Abuín y después en la iglesia de San Xulián de Santa Sabiña nos espera un fantástico retablo de piedra del siglo XVI.

Concello de Santa Comba

Despediremos la jornada con una maravillosa puesta de sol, en el mirador de San Bartolomé (O Busto)Un lugar ideal para divisar la comarca desde las alturas o para mirar el cielo nocturno. Cada año el ayuntamiento organiza una Ruta das Perseidas.

Santa Comba tiene más cosas pero esta ha sido nuestra ruta en una jornada estival. Para abrir más posibilidades y animarte a buscar mas información no quiero obviar el patrimonio arqueológico, la riqueza cultural que esconden sus iglesias, la playa fluvial de Esmorode, la presa da Xesteira, diferentes áreas recreativas y otras zonas ribereñas, la Vía Céltica, y la ruta jacobea, las modernas explotaciones ganaderas, o el curioso “Demo de Rubín”, en donde el diablo sometido por San Miguel provoca un mayor impacto visual que el propio santo (En el Santuario de Rubín- San Pedro de Cícere).

Nos quedan seguramente cosas en el tintero pero el objetivo era ofrecer una pequeña guía de lugares que ver en Santa Comba y abrir la puerta a tu curiosidad. Santa Comba te espera.

Que ver en Santa Comba nun día

Ruta natural e cultural por Santa Comba

Comezamos o noso percorrido nun punto simbólico e ao mesmo tempo moi recomendable: o nacemento do río Xallas, no Monte Castelo, na parroquia de Bazar.

Nesta contorna está o Castro de Turnes e moi preto atópase “Villa Regina”, unha aula da natureza creada por unha muller emprendedora, tamén coñecida pola súa faceta de poeta, Regina Muñiz.

Estamos en A Castiñeira. “Villa Regina” é un pequeno paraíso onde conviven animais con plantacións de herbas aromáticas, froitas e toda a esencia do medio rural nunha vivenda típica, cos seus apeiros e outros elementos. As visitas guiadas (para escolares e demais persoas curiosas) realizadas por Regina, son unha viaxe cuberta de versos e lendas.

O río Xallas condúcenos cara a un punto ideal para ver as súas augas redobrar en tambores de pedra. O río Mira, afluente do noso río identitario, eclosiona na Fervenza de Castriz, outro punto de visita obrigada. A rehabilitación dos muíños hai uns anos e as melloras realizadas no contorno aumentaron notablemente o potencial turístico deste espazo, que se complementa cunha interesante variedade de flora e fauna.

A nosa ruta é limitada no tempo pero, antes ou despois de ir á fervenza, podes dedicar uns minutos a contemplar o “Cristo Sorrinte” de Castriz, un cruceiro moi curioso e pouco habitual.

Esta parroquia ten unha especial relevancia histórica. A igrexa de San Pedro de Xallas de Castriz, de estilo barroco, érguese no que antano foi un punto neurálxico de poder neste territorio.

A tradición mineira non pode ser esquecida, e na zona de Varilongo aínda quedan testemuños dese pasado. Tamén noutros artigos que recollemos para ti na versión en castelán.

Na parroquia de Freixeiro agárdanos unha xoia do románico: a igrexa de San Fiz (San Fins), datada entre os séculos XII e XIII, aínda que sufriu reformas. Nesta mesma parroquia, no lugar de Carboeiro, estaba situado un hospital de peregrinos.

Estamos a poucos quilómetros da capital municipal. Santa Comba, vila moi ben situada xeograficamente. Alí recíbenos a Santa presidindo unha rotonda.

En Santa Comba repoñemos forzas. A oferta gastronómica é variada. Moi coñecido o Retiro da Costiña, con dúas Estrelas Michelín, pero hai unha ampla variedade de establecementos hostaleiros que non nos defraudarán.

No Museo Terra do Xallas temos unha excelente oportunidade para recoller información, reorganizar a ruta e ampliar a nosa experiencia. Está situado nunha casa señorial coñecida como “Casa do Pozo”. Nas súas instalacións atópase a Oficina Municipal de Turismo (contacto: 663 728 968). Unha visita guiada co dinamizador José Manuel Vázquez sería unha opción perfecta.

Esta construción acolle pezas prehistóricas de miles de anos de antigüidade, lápidas romanas ou un nacemento de orixe medieval. Diferentes tesouros etnográficos e unha exposición fotográfica. Totalmente recomendable.

Visitamos varios puntos de interese pero (aínda que iso depende de cada persoa) aínda nos quedan unhas horas de luz nesta tarde de verán.

Visitamos os muíños da Pereira, no río Abuín, e despois, na igrexa de San Xulián de Santa Sabiña, agárdanos un fantástico retablo de pedra do século XVI.

Despediremos a xornada cunha marabillosa posta de sol no miradoiro de San Bartolomeu (O Busto).Un lugar ideal para divisar a comarca desde as alturas ou para observar o ceo nocturno. Cada ano o concello organiza a Ruta das Perseidas.

Santa Comba ten moito máis que ofrecer, pero esta foi a nosa ruta nunha xornada estival. Para abrir máis posibilidades e animarte a buscar máis información, non quero esquecer o patrimonio arqueolóxico, a riqueza cultural que agochan as súas igrexas, a praia fluvial de Esmorode, a presa da Xesteira, diferentes áreas recreativas e outras zonas ribeiregas, a Vía Céltica e a ruta xacobea, as modernas explotacións gandeiras ou o curioso “Demo de Rubín”, onde o demo sometido por San Miguel provoca un maior impacto visual que o propio santo (no Santuario de Rubín – San Pedro de Cícere).

Seguramente queden cousas no tinteiro, pero o obxectivo era ofrecer unha pequena guía de lugares que ver en Santa Comba e abrir a porta á túa curiosidade.

Santa Comba agárdate.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos