Seguimos pola fisterra galega, coa proposta de viaxes dunha xornada por cada un dos seus concellos.
Varios tramos costeiros agrestes apúntanse o título de «corazón da Costa da Morte», e Muxía presenta candidaturas en calquera terna. O que moitos temos claro é que a alma desta antiga Terra de Nemancos pertence a Muxía, coa pétrea espiritualidade do santuario ancestral da Barca ou esa catedral románica e foco evanxelizador do mosteiro medieval de Moraime.
Así que o anuncio dunha xornada pola pel da súa xeografía é unha viaxe a unhas terras encantadas ás que chegaron famosos viaxeiros por mar e terra buscando o punto onde a virxe reconfortou ao apóstolo no seu labor de predicación por España. Camiñantes arrastrando os seus pecados ata os altares do perdón -abrasados polo último sol occidental e feridos do vento salgado do Mar Tenebroso- recibían a reconciliación coa natureza e a mudanza vital, a renovación interior e física.

O sol, o máis vello dos deuses antigos, ten en Touriñán unha das súas últimas moradas, alí busca a súa cama de olgas e ondas como un pazo de diamantes. Pode haber ocultas paisaxes nuns lugares tan pisados durante séculos? Sen dúbida. Non atoparemos masificacións nin un turismo agresivo senón todo o contrario, con variedade de ofertas e servizos.
Ao tramo oficial do roteiro xacobeo que aquí remata unimos os camiños reais que servían aos peregrinos para ir de Muxía a Santiago por Brandomil ou Portomouro, o precioso Camiño dos Faros pola encantadora e amable ría de Camariñas, desde Cereixo, proseguindo pola dura costa de Touriñán.
Terra e mar. A Muxía rodéaa o Atlántico e a ansia mariña penetra pola ría e o interior de montañas e praderías. Á súa vez, a capital é unha pequena illa de tradición mariñeira, punta da montaña máxica dun concello eminentemente agrario, gandeiro, forestal.
O roteiro xacobeo chega desde o orto pola Ponte Olveira, atravesando Dumbría ata Trasufre, onde se sitúa o templo da popular Santiña (a virxe de Aránzazu), curadora de verrugas e outras afecións da pel. Avanza a Vilastose, Fumiñeo e ao mosteiro medieval de San Martiño de Ozón, co seu magnífico cabazo (hórreo).

Chega a Moraime, a outra gran abadía da comarca, esplendor do románico sobre unha necrópole tardorromana e sueva. Entra en Muxía, co seu porto pesqueiro e náutico. A súa igrexa gótica con restos románicos de Santa María, o santuario de Nosa Señora da Barca, os secadeiros de congro. Un lugar para perderse polas rúas e prazas do centro histórico, comprar encaixes ou tomar unhas tapas. Vila cantada por Rosalía, Lorca, Abente; retratada por Ruth Matilde Anderson, Ramón Caamaño, Xesús Búa.

Por terra peregrinaron León de Rosmithal, Nicolás de Popielovo; Erich Lassota chegou por mar. O camiño da costa une Muxía co outro gran enclave xacobeo, Fisterra, atravesando a incomparable costa de cabo Touriñán, o máis extremo promontorio do país, cantís que en nada envexan aos máis duros e belos do continente. No medio do roteiro, pequenos templos románicos como Morquintián, Frixe, Nemiña. Testemuño dun estilo peculiar do milenario arciprestado suevo de Nemancos (o país dos bosques sacros), dunha colla de canteiros medievais que deixaron motivos únicos en Galicia. En Moraime, Ozón, Muxía, Leis, e na calabanda de Camariñas (Xaviña, Cereixo, Santa Mariña).
Se a recuperación do Camiño de Santiago co Xacobeo 93 marcou un roteiro polo interior do concello, maior tradición popular gardan os carreiros que levan aos romeus galaicos ao santuario da Barca desde o medievo. Son moitos os testemuños que falan dun camiño francés e un camiño real, para diferencialos. Os galegos acudían á romaría da barca en setembro, pero do mesmo xeito os estranxeiros, tras alcanzar a tumba de Santiago, visitaban Muxía. Sobre un pequeno oratorio, cristianizando o sacro altar da punta de Xaviña ou das Cruces, o arcebispo Lope de Mendoza edificou unha capela ao redor de 1440 e as señoras das torres de Cereixo levantaron o magnífico templo actual en 1719, proclamando por escrito nun memorial os numerosos milagres e curacións que no seu tempo sucedían por terra e mar.
Outro belo e antigo camiño de romeus ao santuario chegaba polo norte desde Ponte do Porto e o porto xacobeo de Cereixo. Hoxe percorrido polos trasnos do Camiño dos Faros. Por el descubrimos o miradoiro de Fornosapo sobre a ría, logo Leis coa súa pequena e orixinal igrexa románica, a súa praia e cámping.

A fermosa praia do Lago, as aceas e areal dos Muiños. Acompañados de preciosas vistas mariñas, verdores de campiñas e arboledos, arquitectura popular e, sempre, co agasallo da amabilidade veciñal.

Martín Sarmiento seguiu esta vía e así mesmo pisouna unha das grandes referencias xacobeas, o nobre veneciano Bartolomé Fontana. O poeta local Gervasio Paz, como Rosalía, lémbranos os romeus que hai un século chegaban por terra e por mar, «cubertos de polvo dos vellos camiños» ou «que veñen por portos de vilas lonxanas./ Por ambos vieiros, en centos, en miles». En 1853 Rosalía de Castro acompaña a Eduardo Pondal e ás súas irmás desde Ponteceso e Laxe a Muxía por este roteiro. Labarta Pose en 1903 publica a súa viaxe literaria desde Baio.

Entre os tesouros ocultos, a igrexa parroquial de Santa María no centro urbano de Muxía e a súa contorna merecen unha visita, será unha das grandes sorpresas do viaxeiro. As Caldeiras do Río Castro e o paseo fluvial polos muíños do río Negro. O citado tramo do Camiño dos Faros entre Cereixo e O Lago. Os bailes procesionais: a danza dos paus de Vilastose, a danza dos arcos de Coucieiro, a danza das espadas de Quintáns.
Muxía como final do camiño posxacobeo de Santiago converteuse xunto a Fisterra en centro turístico da comarca con ocasión do Xacobeo 93. Aproveitou os focos mediáticos tras a marea negra do Prestige e renovou a súa oferta hostaleira con programas como os do Galp 3 Costa da Morte. O Parador Nacional de Punta Lourido é a gran referencia e a súa apertura supuxo todo un revulsivo para o concello e a ría.

O proxecto Explora Muxía do Concello de Muxía trata de poñer en valor o seu patrimonio material e cultural. Nestes roteiros descubrimos algúns dos recunchos máxicos da costa onde conflúen tradición e natureza. Propón os roteiros Da Vila, Do Lago, Dos Muiños, De Nemiña, Das Caldeiras do Castro.

NON PERDAS
As grandes festas da Barca, o día principal non baixa do 9 nin sobe do 15 de setembro. O 9 e 10 de agosto as concorridas Festas do Mar. A praia do Lago, coa súa oferta de lecer e acampada. O surf en Nemiña. O cabo Touriñan e o seu cemiterio mariño de ducias de naufraxios. O santuario de Nosa Señora da Barca. Os pórticos e frescos de Moraime. As Caldeiras do Castro.
COMER E DURMIR
O cámping Lago Mar, ademais de comedor e acampada, brinda un completo programa de actividades en época estival. No Lago e en Leis hai máis servizos de cámping. Na punta Lourido contamos cun parador nacional de gran demanda. En Muxía a variedade de locais de restauración e hospedaxe é ampla e de calidade, incluíndo albergues de peregrinos. Podemos comer en: Lonxa Dálvaro, Casa do Peixe, A Furna, A Mariña, Son de Mar, Praia das Lanchas, O Porto, Chocolate.

MUXIA. VIAJE A TIERRAS ENCANTADAS
Seguimos por la «fisterra galega», con la propuesta de viajes de una jornada por cada uno de sus concellos.
Varios tramos costeros agrestes se apuntan el título de «corazón de la Costa da Morte», y Muxía presenta candidaturas en cualquier terna. Lo que muchos tenemos claro es que el alma de esta antigua Terra de Nemancos pertenece a Muxía, con la pétrea espiritualidad del santuario ancestral de A Barca o esa catedral románica y foco evangelizador del monasterio medieval de Moraime. Así que el anuncio de una jornada por la piel de su geografía es un viaje a unas tierras encantadas a las que llegaron famosos viajeros por mar y tierra buscando el punto donde la virgen reconfortó al apóstol en su labor de predicación por España. Caminantes arrastrando sus pecados hasta los altares del perdón -abrasados por el último sol occidental y heridos del viento salado del Mar Tenebroso- recibían la reconciliación con la naturaleza y la mudanza vital, la renovación interior y física.

El sol, el más viejo de los dioses antiguos, tiene en Touriñán una de sus últimas moradas, allí busca su cama de algas y olas como un palacio de diamantes. ¿Puede haber ocultos pasajes en unos lugares tan pisados durante siglos? Sin duda. No encontraremos masificaciones ni un turismo agresivo sino todo lo contrario, con variedad de ofertas y servicios.
Al tramo oficial de la ruta jacobea que aquí remata unimos los caminos reales que servían a los peregrinos para ir de Muxía a Santiago por Brandomil o Portomouro, el precioso Camiño dos Faros por la encantadora y amable ría de Camariñas, desde Cereixo, prosiguiendo por la dura costa de Touriñán.
Tierra y mar. A Muxía la rodea el Atlántico y el ansia marina penetra por la ría y el interior de montañas y praderas. A su vez, la capital es una pequeña isla de tradición marinera, punta de la montaña mágica de un concello eminentemente agrario, ganadero, forestal.
La ruta jacobea llega desde el orto por Ponte Olveira, atravesando Dumbría hasta Trasufre, en donde se ubica el templo de la popular santiña (la virgen de Aránzazu), curadora de verrugas y otras afecciones de la piel. Avanza a Vilastose, Fumiñeo y al monasterio medieval de San Martiño de Ozón, con su magnífico cabazo (hórreo).

Llega a Moraime, la otra gran abadía de la comarca, esplendor del románico sobre una necrópolis tardorromana y sueva. Entra en Muxía, con su puerto pesquero y náutico. Su iglesia gótica con restos románicos de Santa María, el santuario de Nosa Señora da Barca, los secaderos de congrio.
Un lugar para perderse por las rúas y plazas del casco histórico, comprar encajes o tomarse unas tapas. Villa cantada por Rosalía, Lorca, Abente; retratada por Ruth Matilde Anderson, Ramón Caamaño, Xesús Búa. Por tierra peregrinaron León de Rosmithal, Nicolás de Popielovo; Erich Lassota llegó por mar.
El camino de la costa une Muxía con el otro gran enclave jacobeo, Fisterra, atravesando la incomparable costa de cabo Touriñán, el más extremo promontorio del país, acantilados que en nada envidian a los más duros y bellos del continente. En medio de la ruta, pequeños templos románicos como Morquintián, Frixe, Nemiña. Testimonio de un estilo peculiar del milenario arciprestazgo suevo de Nemancos (el país de los bosques sagrados), de una colla de canteros medievales que dejaron motivos únicos en Galicia. En Moraime, Ozón, Muxía, Leis, y en la calabanda de Camariñas (Xaviña, Cereixo, Santa Mariña).
Si la recuperación del Camino de Santiago con el Xacobeo 93 marcó una ruta por el interior del concello, mayor tradición popular guardan los senderos que llevan a los romeros galaicos al santuario de A Barca desde el medievo. Son muchos los testimonios que hablan de un camino francés y un camino real, para diferenciarlos. Los gallegos acudían a la Romería da Barca en septiembre, pero del mismo modo los extranjeros, tras alcanzar la tumba de Santiago, visitaban Muxía. Sobre un pequeño oratorio, cristianizando el sagrado altar de la punta de Xaviña o de As Cruces, el arzobispo Lope de Mendoza edificó una capilla en torno a 1440 y las señoras de las torres de Cereixo levantaron el magnífico templo actual en 1719, proclamando por escrito en un memorial los numerosos milagros y curaciones que en su tiempo sucedían por tierra y mar.
Otro bello y antiguo camino de romeros al santuario llegaba por el norte desde Ponte do Porto y el puerto jacobeo de Cereixo. Hoy recorrido por los trasnos del Camiño dos Faros. Por él descubrimos el mirador de Fornosapo sobre la ría, luego Leis con su pequeña y original iglesia románica, su playa y camping. La hermosa playa de O Lago, las aceñas y arenal de Os Muiños. Acompañados de preciosas vistas marinas, verdores de campiñas y arbolados, arquitectura popular y, siempre, con el regalo de la amabilidad vecinal.

Martín Sarmiento siguió esta vía y asimismo la pisó una de las grandes referencias jacobeas, el noble veneciano Bartolomé Fontana. El poeta local Gervasio Paz, como Rosalía, nos recuerda los romeros que hace un siglo llegaban por tierra y por mar, «cubertos de polvo dos vellos camiños» o «que veñen por portos de vilas lonxanas./ Por ambos vieiros, en centos, en miles». En 1853 Rosalía de Castro acompaña a Eduardo Pondal y a sus hermanas desde Ponteceso y Laxe a Muxía por esta ruta. Labarta Pose en 1903 publica su viaje literario desde Baio.

Entre los tesoros ocultos, la iglesia parroquial de Santa María en el casco urbano de Muxía y su entorno merecen una visita, será una de las grandes sorpresas del viajero. Las Caldeiras do río Castro y el paseo fluvial por los molinos del río Negro. El citado tramo del Camiño dos Faros entre Cereixo y O Lago. Los bailes procesionales: la danza dos paus de Vilastose, la danza dos arcos de Coucieiro, la danza das espadas de Quintáns.
Muxía como final del camino posjacobeo de Santiago se convirtió junto a Fisterra en centro turístico de la comarca con ocasión del Xacobeo 93. Aprovechó los focos mediáticos tras la marea negra del Prestige y renovó su oferta hostelera con programas como los del Galp 3 Costa da Morte. El parador nacional de Punta Lourido es la gran referencia y su apertura supuso todo un revulsivo para el concello y la ría.

El proyecto Explora Muxía del Concello de Muxía trata de poner en valor su patrimonio material y cultural. En estas rutas descubrimos algunos de los rincones mágicos de la costa donde confluyen tradición y naturaleza. Propone las rutas Da Vila, Do Lago, Dos Muiños, De Nemiña, Das Caldeiras do Castro.
NO PIERDAS
Las grandes fiestas de A Barca, cuyo día principal no baja del 9 ni sube del 15 de septiembre. El 9 y 10 de agosto las concurridas Festas do Mar. La playa de O Lago, con su oferta de ocio y acampada. El surf en Nemiña. El cabo Touriñán y su cementerio marino de docenas de naufragios. El santuario de Nosa Señora da Barca. Los pórticos y frescos de Moraime. Las Caldeiras do Castro.
COMER Y DORMIR
El camping Lago Mar, además de comedor y acampada, oferta un completo programa de actividades en época estival. En O Lago y en Leis hay más servicios de camping. En punta Lourido contamos con un parador nacional de gran demanda. En Muxía la variedad de locales de restauración y hospedaje es amplia y de calidad, incluyendo albergues de peregrinos. Podemos comer en: Lonxa Dálvaro, Casa do Peixe, A Furna, A Marina, Son de Mar, Praia das Lanchas, O Porto, Chocolate.



