Camariñas. Lendas de mar e encaixe

#queverenCamariñas #cadernodeviaxe Unha xornada no concello de Camariñas con Rafael Lema

Camariñas é un dos concellos de Galicia con maior dependencia do mar; terra de contrastes e sensacións, de lenda e tradición, con lugares únicos e moi distintos, imaxes que se fixarán para sempre nas retinas do viaxeiro. Aquí atopamos unha costa salvaxe pero tamén o abrigo das súas calas ou dunha ría histórica e marisqueira que se inicia no encontro do sinuoso río do Porto co mar entre xunqueiras e aves limícolas.

Sucede este abrazo de augas doces e salgadas en Ponte do Porto, onde iniciamos o noso roteiro -desprendidos das présas e envoltos no manto tépedo da calma- desde a súa ponte medieval, principio e final de centenarias navegacións, paso de camiñantes históricos (Alfonso IX, Bartolomé Fontana, Martín Sarmiento, Domingo Fontán, Ruth Matilde Anderson, Valle Inclán, Pondal, Labarta Pose, Cela). É a capital dos puntilleiros, os vendedores de encaixe que levaron o nome de Camariñas por Europa e América, baixo o manto da súa patroa, a virxe de Guadalupe. Hai boa oferta de servizos de restauración, pensións, supermercados, gasolineira.

Neste itinerario de referencias comúns e descubrimentos o primeiro tesouro oculto é o Roteiro dos Muiños, un camiño circular e sensorial desde a vella ponte porteña polo seu coto troiteiro, á sombra de árbores de ribeira, arrollados primeiro polo canto de rápidos e presas, logo arrullados polo rumoreo de augas tranquilas e remansos para volver recuperar o estrondo ao paso de cada acea.

Rematamos cunha visita ao veciño porto xacobeo de Santiago de Cereixo; coas súas torres, a igrexa románica, o muiño das mareas e a vista do interior da ría. Cereixo é unha prolongación do centro urbano de Ponte do Porto e conclusión do Roteiro dous Muiños, coa liña imaxinaria da raia seca do concello de Vimianzo.

Igrexa de Xaviña

Desde Ponte do Porto a nosa travesía condúcenos a Xaviña, detémonos na súa igrexa románica; visitamos a tranquila praia marisqueira do Ariño, con paisaxes arborizadas que nos trasladan a escenas caribeñas á fresca dun idílico remanso. A oito quilómetros desde o inicio da partida e acompañados por vistas da ría entramos en Camariñas. Á esquerda, as praias de Area de Vila e Lingunde. Seguimos ata o porto, amoreado de embarcacións pesqueiras e recreativas, co seu club náutico pioneiro na Costa da Morte desde xuño con veleiros de varias bandeiras europeas. Á beira, a nova lonxa.

Terrazas onde se pode tomar un aperitivo na zona do Paseo Marítimo, tendas de venda en encaixe onde aínda se pode escoitar o repenique nas palilleiras, que conviven coas as faenas dos homes e mulleres do mar, as aves mariñas nos cons, a entrada ou saída de barcos e veleiros, a vida plena no corazón da Costa da Morte. No Museo do Encaixe contamos cunha mostra representativa da artesanía típica da ría.

A vila destaca pola súa tradición mariñeira, coa maior frota pesqueira da comarca e tradición conserveira. as marcas de referencia céntranse na crónica dos naufraxios e o encaixe de palillos das famosas palilleiras que se unen á súa natureza nun suxestivo tríptico. Non nos podemos perder a procesión marítima da Virxe do Carme o 16 de xullo e a Mostra do Encaixe de Camariñas en Semana Santa.

Camariñas é a etapa reina do famoso e recoñecido Camiño dos Faros. Ao paso deste camiño desde Camelle a Ponte do Porto unimos outros roteiros de sendeirismo: o do Litoral, de 22 quilómetros; o da Costa da Morte, tamén de 22 ou o da Insúa, de 5 quilómetros.

No noso periplo rodado dunha xornada dirixímonos ao cabo Vilán, coa súa soada torre de 1896, un dos máis belos faros do país. As vistas son espectaculares, non hai mellor estampa da Costa da Morte, resume a súa esencia nunha foto inolvidable. Ao norte, punta do Boi; ao sur, Touriñán. Subimos ao vello faro. As postas de sol contan aquí cun dos seus mellores enclaves.

O vello faro e o moderno

Non o son menos os solpores en Reira, Santa Mariña ou Arou. O cabo ou a próxima ermida da Virxe do Monte son outeiros formidables para mirar o ceo estrelado. Unha pista contornea a costa brava ata o Cemiterio dos Ingleses, onde foron enterrados os náufragos do HMS Serpent en 1890. E os do Trinacria e Iris Hull. Entre eles unha moza novicia e o can dun capitán. A paisaxe é dunha beleza fascinante co terrible Mar de Trece e o conxunto de dunas máis amplo de Galicia, coroadas polo penal de Veo (a máis alta de España).

O roteiro continúa ata Santa Mariña, aldea mariñeira envolta na lenda de tantos naufraxios, que foi mosteiro saqueado por normandos e señores do condado de Traba, antes que patria de percebeiros e pandereteiras de cantigas «que non cadran». Son puntos onde o tempo se detén pero non se relaxan os sentidos, loitando entre a suspensión e o arrebato.

Praia de Arou

O próximo pobo é Arou, de espléndidos areais e pedras que son arte esculpidas polo mar e os ventos. A súa praia principal é bandeira azul e as súas augas máxicas, bendicidas por san Bartolo e polo mesmo demo que o 24 de agosto anda 24 horas libre no medio de centos de romeus. Bordeando a praia de Arou entre baixos cheos de naufraxios e lendas alcanzamos Camelle. Outro dos tesouros escondidos da Costa da Morte, memoria de salvamentos e despezamentos, de baleeiros.

A Camelle chegou un viaxeiro alemán que construíu un diminuto señorío de arte e natureza, viviu dentro da súa creación: o Museo de Man, o Alemán de Camelle. No museo hai unha exposición sobre naufraxios e no pobo recordan en xullo o sinistro do City of Agra (1897). Como en todos os pobos citados neste roteiro, o mellor é perdernos polas súas rúas, entrar nas súas tascas, compadrear coa xente, deixarnos levar sen rumbo nin guía. Tras esta oferta dunha xornada de viaxe polo concello de Camariñas, seguro que volvemos.

NON PERDAS

A Ruta dos Muiños de Ponte do Porto. Os lugares de Camelle, Arou, Santa Mariña. Cabo Vilán e Cemiterio dos Ingleses, Virxe do Monte e o Museo do Encaixe en Camariñas. Casa e Museo Man de Camelle. Procesión marítima do Carme de Camariñas e Mostra do Encaixe.

Desfile Mostra do Encaixe

COMER E DURMIR

En Camariñas ofertan produtos locais do mar e da terra en: Taberna do Bico, Puerto Arnela, Villa de Oro, La Marina, O Meu Lar. En Ponte do Porto: La Tavernetta da Ponte, un clásico da guía Michelín; a centenaria e tradicional Casa Trabeiro, Brasil, Antelo. Casa Rojo (Xaviña), O Colmado (Arou), Miña Nai (Camelle). Hai hoteis con encanto en Camariñas como O Mar de Preciosa ou Hotel Barómetro. Ademáis: Hotel Playa, Hotel Puerto Arnela. Pensión O Pincho en Ponte do Porto. Recomendamos a promoción de turismo rural en toda a zona de Casas O Paneiro.

Cemiterio dos Ingleses

#queverencamariñas #cadernodeviaxe VERSIÓN EN CASTELLANO

CAMARIÑAS. LEYENDAS DE MAR Y ENCAJE

Camariñas es uno de los concellos de Galicia con mayor dependencia del mar; tierra de contrastes y sensaciones, de leyenda y tradición, con lugares únicos y muy distintos, imágenes que se fijarán para siempre en las retinas del viajero. Aquí encontramos una costa salvaje pero también el abrigo de sus calas o de una ría histórica y marisquera que se inicia en el encuentro del sinuoso río do Porto con el mar entre juncales y aves limícolas.

Ponte do Porto: Puerta de entrada

Sucede este abrazo de aguas dulces y saladas en Ponte do Porto, donde iniciamos nuestra ruta -desprendidos de las prisas y envueltos en el manto templado de la calma- desde su puente medieval, principio y final de centenarias navegaciones, paso de caminantes históricos (Alfonso IX, Bartolomé Fontana, Martín Sarmiento, Domingo Fontán, Ruth Matilde Anderson, Valle Inclán, Pondal, Labarta Pose, Cela). Es la capital de los puntilleiros, los vendedores de encaje que llevaron el nombre de Camariñas por Europa y América, bajo el manto de su patrona, la virgen de Guadalupe. Hay buena oferta de servicios de restauración, pensiones, supermercados, gasolinera.

En este itinerario de referencias comunes y descubrimientos el primer tesoro oculto es la Ruta dos Muiños, un camino circular y sensorial desde el viejo puente porteño por su coto truchero, a la sombra de árboles de ribera, arrollados primero por el canto de rápidos y presas, luego arrullados por el susurro de aguas tranquilas y remansos para volver a recuperar el estruendo al paso de cada aceña.

Terminamos con una visita al vecino puerto xacobeo de Santiago de Cereixo; con sus torres, la iglesia románica, el Muiño das Mareas y la vista del interior de la ría. Cereixo es una prolongación del casco urbano de Ponte do Porto y conclusión de la Ruta dos Muiños, con la línea imaginaria de la raya seca del concello de Vimianzo.

De Ponte do Porto a Camariñas

Desde Ponte do Porto nuestra travesía nos conduce a Xaviña, nos detenemos en su iglesia románica; visitamos la tranquila playa marisquera de O Ariño, con paisajes arbolados que nos trasladan a escenas caribeñas a la fresca de un idílico remanso. A ocho kilómetros desde el inicio de la partida y acompañados por vistas de la ría entramos en Camariñas.

Camariñas; tradición marinera, cultura viva

A la izquierda las playas de Area da Vila y Lingunde. Seguimos hasta el puerto, nutrido de embarcaciones pesqueras y recreativas, con su club náutico pionero en la Costa da Morte desde junio con veleros de varias banderas europeas. Al lado, la nueva lonja.

Terrazas donde se puede tomar un aperitivo en la zona del Paseo Marítimo, tiendas de venta en encaje donde aún se puede escuchar lo repique en las palilleras, que conviven con las las faenas de los hombres y mujeres del mar, las aves marinas en los cons, la entrada o salida de barcos y veleros, la vida plena en el corazón de la Costa da Morte. No Museo del Encaje contamos con una muestra representativa de la artesanía típica de la ría.

La villa destaca por su tradición marinera, con la mayor flota pesquera de la comarca y tradición conservera. Las marcas de referencia se centran en la crónica de los naufragios y al encaje de bolillos de las famosas palilleiras que se unen a su naturaleza en un sugestivo tríptico. No nos podemos perder la procesión marítima de la Virxe do Carme el 16 de julio y la Mostra do Encaixe de Camariñas en Semana Santa. Camariñas es la etapa reina del famoso y reconocido Camiño dos Faros. Al paso del Camiño desde Camelle a Ponte do Porto unimos otras rutas de senderismo: la del litoral, de 22 kilómetros; la de la Costa da Morte, también de 22 o la de A Insúa, de 5 kilómetros.

Vista de Trece

Cabo Vilán: Paisaje impresionante. Un faro centenario mirando al Atlántico

En nuestro periplo rodado de una jornada nos dirigimos al cabo Vilán, con su célebre torre de 1896, uno de los más bellos faros del país. Podemos acceder al interior, al Centro de Interpretación de los Naufragios. Las vistas son espectaculares, no hay mejor estampa de la Costa da Morte, resume su esencia en una foto inolvidable. Al norte, punta do Boi; al sur Touriñán. Subimos al viejo faro. Las puestas de sol cuentan aquí con uno de sus mejores enclaves.

Santa Mariña

Santa Mariña, Arou, Camelle

No lo son menos los crepúsculos en Reira, Santa Mariña o Arou. El cabo o la cercana ermita de la Virxe do Monte son oteros formidables para mirar el cielo estrellado. Una pista contornea la costa brava hasta el Cementerio de los Ingleses, donde fueron enterrados los náufragos del HMS Serpent en 1890. Y los del Trinacria e Iris Hull. Entre ellos una joven novicia y el perro de un capitán. El paisaje es de una belleza fascinante con el terrible Mar de Trece y el conjunto de dunas más amplio de Galicia, coronadas por el Penal de Veo (la más alta de España).

La ruta continúa hasta Santa Mariña, aldea marinera envuelta en la leyenda de tantos naufragios, que fue monasterio saqueado por normandos y señores del condado de Traba, antes que patria de percebeiros y pandereteiras de coplas «que non cadran». Son puntos en donde el tiempo se detiene pero no se relajan los sentidos, luchando entre la suspensión y el arrebato.

El próximo pueblo es Arou, de espléndidos arenales y piedras que son arte esculpidas por el mar y los vientos. Su playa principal es bandera azul y sus aguas mágicas, bendecidas por san Bartolo y por el mismo demonio que el 24 de agosto anda 24 horas libre en medio de cientos de romeros. Bordeando la playa de Arou entre bajos llenos de naufragios y leyendas alcanzamos Camelle. Otro de los tesoros escondidos de la Costa da Morte, memoria de salvamentos y desguaces, de balleneros. A Camelle llegó un viajero alemán que construyó un diminuto señorío de arte y naturaleza, vivió dentro de su creación: el Museo de Man, O Alemán de Camelle. En el museo hay una exposición sobre naufragios y el pueblo recuerda en julio el siniestro del City of Agra (1897). Como en todos los pueblos citados en esta ruta, lo mejor es perdernos por sus calles, entrar en sus tascas, compadrear con la gente, dejarnos llevar sin rumbo ni guía. Tras esta oferta de una jornada de viaje por el concello de Camariñas, seguro que volvemos.

NO PIERDAS

La Ruta dos Muiños de Ponte do Porto. Camelle, Arou, Santa Mariña. Cabo Vilán y Cemiterio dos Ingleses, Virxe do Monte y Museo do Encaixe en Camariñas. Casa y Museo Man de Camelle. Procesión marítima del Carmen de Camariñas y Mostra do Encaixe.

COMER Y DORMIR

En Camariñas: Taberna do Bico, Puerto Arnela, Villa de Oro, La Marina, O Meu Lar. En Ponte do Porto: La Tavernetta da Ponte, Casa Trabeiro, Brasil, Antelo. Casa Rojo (Xaviña), O Colmado (Arou), Miña Nai (Camelle). Hoteles con encanto en Camariñas: O Mar de Preciosa, Hotel Barómetro. Además: Hotel Playa, Hotel Puerto Arnela. Pensión O Pincho en Ponte do Porto. Recomendamos la promoción de turismo rural de Casas O Paneiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos