O profesor, escritor e ex-alcalde de Negreira Xosé Manuel López Tuñas faleceu ós 78 anos de idade. A capela ardente está instalada no Tanatorio La Unión (Sala 1) de Negreira.
Este luns, 14 de setembro, sairá do tanatorio (11,45h) para a Capela do Pazo de Cotón onde se celebrará o funeral e posteriormente terá lugar o enterro.
López Tuñas era unha persoa moi coñecida e querida, con especial vínculo coas comarcas de Barcala e Xallas. Foi alcalde de Negreira (entre 1983 e 1995), e profesor, sendo un dos mestres do C.E.I.P. Barrié de la Maza nos seus inicios. Tamén foi profesor na Escola de Freixeiro-Santa Comba.
Foi tamén deputado provincial, promotor e presidente da Asociación para a Solidariedade Alén Mar e presidente de honra da Unión Barcalesa da Habana. É autor do libro «A flor da figueira» e de numerosos artigos.
É autor do libro “A flor da figueira” e de numerosos artigos.

Fotos- X.M. Lema – Na portada López Tuñas asinando un libro en Santa Comba


